miniatura|Mapa do Golfo de Morbihan. O golfo de Morbihan (en , que significa "pequeno mar") é un pequeno mar interior, situado ao sur do departamento de Morbihan, na Bretaña.
A lenda Conta a lenda que unhas fadas foron expulsadas do bosque de Brocéliande. Verteron tantas bágoas que así se creou o golfo de Morbihan. Lanzaron nel as súas coroas de flores e estas convertéronse nas illas do golfo.
Xeografía O golfo ten 20 km de longo e 15 km de ancho. Ábrese ao sur no océano Atlántico por unha estreita pasaxe entre as vilas de Locmariaquer e Port-Navalo, porto da vila de Arzon.
As illas No seu interior cóntanse 43 illasA maioría dos recontos só teñen en conta as illas que se ven cando a marea está alta.. A maioría son de superficie moi reducida e non están habitadas, e moitas son propiedades privadas. As illas maiores son Izenah (Île-aux-Moines, illa dos monxes) e An Arzh (Île-d'Arz, illa do oso) e cada unha forma un concello. Outra das illas, Gavrinis, alberga unha galería megalítica de 14 m de lonxitude, e as pedras están recubertas de gravados. Outras illas albergan restos megalíticos, como Er-Lannic cun dobre cromlech formados por 40 menhires, parcialmente merguallados na marea alta.
Actividades Tradicionalmente, a actividade económica dos habitantes tanto das illas como das ribeiras do golfo sempre estivo moi estreitamente ligada ao mar: a pesca, a colleita de moluscos, as salinas. Case todas as salinas foron transformadas no século XX en parques ostreícolas, aínda que algunhas están sendo recuperadas para a produción artesanal de sal. Máis recentemente a maior actividade económica do golfo xira en torno ao turismo.
Natureza O golfo de Morbiban constitúe unha gran reserva ornitolóxica, con todo tipo de aves tanto de estancia permanentes como en escala migratoria ou en período de cría. Desde 2008 é Reserva Nacional de Caza e de Fauna Silvestre.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Vistas aéreas do golfo de Morbihan Illa Gavrinis
Categoría:Xeografía da Bretaña Categoría:Golfos e baías