CAT 4, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 4, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 20 de decembro de 1981 mediante o cuarto foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.
Características CAT 4 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do cuarto Ariane 1. Foi posto nunha órbita inicial de 199 km de perixeo, 36.051 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 10,6 graos e un período de 636 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 6 órbitas (unhas 65 horas). A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete. Emitía a unha frecuencia de entre 136 e 138 MHz.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ariane 1 CAT 1 CAT 3
Categoría:Satélites artificiais