The Grass Harp é un filme estadounidense dirixido por Charles Matthau que se estreou en 1995. Está baseada na novela homónima de Truman Capote.

Sinopse A acción transcorre nun pequeno pobo de Alabama, nos anos corenta. Collin é un adolescente que chega ó lugar despois de perder a súa nai de morte natural e tralo suicidio do seu pai. Alí vivirá con dúas tías solteiras moi distintas entre si. Unha rica e dominante, a outra sensible e doce. Un día esta última, cansada da tiranía da súa irmá, decide abandonar a casa e irse a vivir nunha árbore. Así descobre a liberdade, e tamén o amor, xa que o xuíz Charlie Cool se namora perdidamente dela. Entre todos estes sucesos, Collin comeza o seu camiño cara á madurez e descobre a súa vocación literaria.

Personaxes Piper Laurie como Dolly Talbo Sissy Spacek como Verena Talbo Edward Furlong como Collin Fenwick Nell Carter como Catherine Creek Walter Matthau como Xuíz Charlie Cool Roddy McDowall como Amos Legrand Jack Lemmon como Dr. Morris Ritz Mary Steenburgen como Irmá Ida Sean Patrick Flanery como Riley Henderson Joe Don Baker como Sheriff Junius Candle Scott Wilson como Eugene Fenwick Mia Kirshner como Maude Riordan Charles Durning como Reverendo Buster. Bonnie Bartlett como Mrs. Buster. Doris Roberts como Mrs. Richards. Ray McKinnon como Charlie Cool Jr.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filamffinity

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Alabama