miniatura|Variantes do xaponés As linguas xapónicas son unha familia de linguas supostamente descendente dunha lingua común chamada proto-xapónica.
Linguas da familia As linguas xapónicas son:
Xaponés (日本語) Xaponés oriental (hoxe en día representado parcialmente pola fala de Aogashima, Hachijojima, Minamidaito, Kitadaito e unhas poucas illas pequenas máis). Xaponés occidental (representado por todos os dialectos xaponeses das illas principais). Xaponés occidental do leste, inclúe a maioría dos dialectos ao leste da rexión de Kansai. Xaponés occidental do oeste, inclúe a maioría dos dialectos ao oeste da rexión de Kanto. Linguas ryukyuanas (琉球語) Lingua amami (奄美語) Dialectos do norte Tanegashima Yakushima Oshima setentrional Dialectos do sur Oshima meridional Yoron Lingua okinawana (沖縄語) Kunigami (tamén chamado okinawense setentrional) Ie Dialectos do sur (tamén okinawense central ou okinawense estándar) Principal Shimajiri (a afiliación destes dialectos é incerta, mais inclúese aquí pois a rexión Shimajiri considérase parte da rexión correspondente) Miyako (宮古語) Miyako Irabu Yaeyama (八重山語) Ishigaki Iriomote Taketomi Yonaguni (与那国語)
Relacións con outras familias Non existe unha proba concreta universalmente aceptada da relación entre as linguas xapónicas con outras linguas, pero existen unha serie de teorías apoiadas por diversas evidencias:
A teoría máis estendida relaciona as linguas xapónicas coa antiga e desaparecida lingua de Goguryeo. Outros van máis alá incluíndo o xapónico e o goguryeo dentro dunha hipotética e maior familia de linguas chamada fuyu que incluiría as linguas extinguidas asociadas cos antigos Fuyu e Baekje. Outra teoría relaciona o xapónico co coreano, baseándose nunha gramática practicamente idéntica, a pesar de similitudes léxicas escasas. A maioría dos seguidores da teoría "fuyu" non inclúen o coreano como parte da familia. Tamén está a controvertida teoría altaica que afirma que as linguas xapónicas, as linguas fuyu, o yoguryeo e o coreano ou calquera combinación delas forman parte da familia de linguas altaica. Estudos lexicoestatísticos mostraron que a lingua viva moderna que ten o léxico máis próximo a calquera lingua xapónica é o uigur, unha lingua turca, pertencente como o resto desa familia á macrofamilia altaica. Finalmente están as teorías que propoñen vínculos coas linguas austronesias e incluso os que consideran que o xapónico é unha rama da macrofamilia áustrica, pero a evidencia en favor destes tipos de propostas é igualmente débil.
En vista da falta de probas contundentes, algúns ven nestas similitudes un simple "sprachbund" e que os parecidos son simplemente resultado da veciñanza dos pobos en Asia Central nos transcurso dos milenios.
Comparación léxica Os numerais en diferentes linguas xapónicas son: {|class=wikitable style=text-align:center; |- ! rowspan=2| GLOSA ! colspan=2| Numerais siníticos ! colspan=5| Numerais xapónicos |- ! Sino-xaponés !! Chinésclásico ! Xaponésantigo !! Xaponésmoderno !! Kunigami !! Yaeyama !! PROTO-XAPÓNICO |- | '1' || itɕiichi || *i̯it || pijto || çitoʦɯhitotsu || tʼiːtʃʼi || pituʦy || *piːto-tu |- | '2' || ɲini || *ńii̯ || puta || ɸɯtɑtsɯfutatsu || tʼaːtʃʼi || huta:ʦy || *putaː-tu |- | '3' || saɴsan || *sam || uru-fu || mitːsɯmittsu || miːtʃʼi || my:ʦy || *miː-tu |- | '4' || ɕishi || *sî || jo < *do || jotːsɯyottsu || ju:tʃʼi || ju:ʦy || *ju-tu |- | '5' || ɡogo || *ŋwo || itu || itsɯtsɯisutsu || ʔitʃʼtʃʼi || issy || *itu-tu |- | '6' || ɾokɯroku || *li̯uk || mu- || mɯtːsɯmuttsu || mu:tʃʼi || ny:tsy / mu:ʦy || *mu-tu |- | '7' || ɕitɕishichi || *tsʰit || nana || nɑnɑtsɯnanatsu || nanatʃʼi || nanaʦy || *nana-tu |- | '8' || hɑtɕihachi || *pat || ja < *da || jɑtːsɯyattsu || ja:tʃʼi || ja:ʦy || *ja:-tu |- | '9' || kʲɯːkyuu || *ki̯u || kokono- || kokonotsɯkokonotsu || kukunutʃʼi || hakonaʦy || *kokono-tu |- | '10' || dʑɯːjuu || *ʂip || towo || toːtoo || tu: || tu: || *towo
Notas
Categoría:Linguas altaicas Categoría:Linguas do Xapón