O Avangard Omsk (en ) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Omsk (Rusia). Actualmente compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), conseguindo dous campionatos de división nas tempadas 2011 e 2012.

Historia O Avangard Omsk naceu en 1950 baixo a denominación de Spartak Omsk, adoptando a súa denominación actual en 1981. Non foi ata o 2004 cando o equipo conseguiu o seu primeiro título, a Superliga Rusa, e tan só un ano despois chegaría o seu segundo título, desta vez un título continental, a IIHF European Champions Cup logo de derrotar na final ao Oulun Kärpät finlandés por 2 goles a 1, converténdose no primeiro equipo en gañar esta competición baixo a nova denominación. No 2008 o club ingresou na Kontinental Hockey League (KHL), unha nova competición eurasiática.

Denominacións Spartak Omsk 1950-1962 Aeroflot Omsk 1962-1967 Kauchuk Omsk 1967-1972 Khimik Omsk 1972-1974 Shinnik Omsk 1974-1981 Avangard Omsk Oblast 1981-presente

Palmarés 1 Superliga Rusa: 2004 1 IIHF European Champions Cup: 2005

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial do Avangard Omsk

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Equipos da KHL