Biosatellite 2, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 2 e como Biosatellite B, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 7 de setembro de 1967 mediante un foguete Delta G desde o complexo de lanzamento 17B do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características Biosatellite 2 foi o segundo da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 317 km de perixeo, 445 km de apoxeo e 32,9 graos de inclinación orbital, cun período de 92,2 minutos.
Biosatellite 2 levaba a bordo 13 experimentos biolóxicos nos que se usaron insectos, ovos de ra, microorganismos e plantas. A cápsula regresou antes de tempo debido á ameaza de tormenta tropical na zona de recuperación e a problemas de comunicación entre a cápsula e as estacións terrestres. O obxectivo principal da misión foi determinar se o nivel de sensibilidade á radiación dos organismos vivos no espazo é maior, menor ou igual que en terra, para o cal se dispuxo dunha fonte de radiación no frontal da cápsula.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biosatellite 1 Biosatellite 3
Categoría:Satélites artificiais