A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) é unha asociación empresarial pioneira do sector audiovisual galego creada en 1994 e que agrupa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria audiovisual de Galicia. Traxectoria AGAPI ten especial interese na constante evolución e actualización de coñecementos dos profesionais da industria audiovisual, polo que, desde a súa creación, organizou numerosos seminarios de formación especializada, que abarcan desde os aspectos máis creativos até os máis innovadores e tecnolóxicos.

Conscientes da importancia da internacionalización e comercialización dos produtos audiovisuais, AGAPI organizou en 2004 a presenza por primeira vez dunha representación de Galicia no maior e máis importante mercado de contidos audiovisuais do mundo, o MIPCOM de Cannes.

Seguindo nesta liña, AGAPI tamén realizou o primeiro Catálogo da Produción Audiovisual de Galicia.

Algunha das últimas e importantes accións de AGAPI foron a súa participación no proceso de elaboración para a aprobación da nova Lei do Cine (Lei 55/2007); AGAPI tomou parte neste proceso como única asociación de empresas produtoras independentes convidada a comparecer no Congreso dos Deputados, e a organización dos encontros profesionais "Novas Formas de Distribución e Consumo Audiovisual - NOVOMED" e o "Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual".

A Asociación entende que o audiovisual é un sector estratéxico e de futuro para Galicia; o audiovisual tamén é industria cultural, conxugando intereses empresariais e culturais nunha mestura na que os dous elementos teñen a mesma importancia e fortaleza.

Empresas asociadas Lista de empresas produtoras asociadas en AGAPI en 2012 (entre parénteses, localidade onde ten a súa sede):

Abano Producións (Ferrol) Área 5.1 Factoría Audiovisual (A Coruña) Atlántico Films (Vigo) Bren Entertainment (Santiago) Cies Comunicación (A Coruña) Cinemar Films (Ames) Continental Producciones (A Coruña) Editorial Galaxia (Vigo) Filmanova (A Coruña) Interacción, C.I.M. (Vigo) Mara Producciones (Santiago) Milou Films (A Coruña) Miño Media (Lugo) OQO Filmes (Pontevedra) Pórtico Audiovisuais (Santiago) Portocabo (A Coruña) Producciones Vigo (Vigo) Sodinor (Vigo) Studio XXI (A Coruña) Tic Tac Producciones (A Coruña) Uno TV (A Coruña) Vaca Films (A Coruña) Vía Láctea Filmes (Vigo) Visual Think Films (Vilagarcía de Arousa) Xamalú Filmes (A Coruña) Zenit Televisión (Ames)

Véxase tamén Outros artigos Premios AGAPI Academia Galega do Audiovisual Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual Asociación de Actores e Actrices de Galicia Clúster Audiovisual Galego Consorcio Audiovisual de Galicia Ligazóns externas Páxina web de AGAPI

Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Audiovisual galego Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes