Tralas luces é unha longametraxe galega producida en 2011 con dirección de Sandra Sánchez. É un documental e estreouse en Galicia o 30 de setembro de 2011.
Sinopse Tralas luces é a historia dunha viaxe. A viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre na súa caravana as estradas do norte de España xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas.
Hai anos, a pista era o seu gran soño. Fundou unha familia e meteuse en gastos, pero os soños teñen vida propia. Lourdes afoga nas súas esperanzas e ninguén parece decatarse.
A través de estradas, pobos e aldeas, descubriremos un mundo en perigo de extinción, unha vida itinerante e, sobre todo, unha gran historia de amor e de perda.
A película, en palabras da autora A película naceu co obxectivo de facer un retrato colectivo dunha forma de vida nómade, o dos feirantes ambulantes. Porén, a idea inicial foise transformando, centrándose a rodaxe na vida dunha familia, especialmente da matriarca.
A rodaxe durou 9 meses, nos que se conseguiron 200 horas de gravación.
Premios Nos Premios Mestre Mateo 2011, o filme acadou os seguintes premios: Mellor longametraxe documental Mellor dirección (Sandra Sánchez) Mellor montaxe (Sandra Sánchez e Nahum C. Fiuza)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Web oficial de Tralas luces Imaxes Tráiler "Los choques de la vida", crítica en El País, 30 de setembro de 2011. Festival de San Sebastián
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes en lingua galega