Sandra Sánchez Cachaza, coñecida como Sandra Sánchez, nada en Narón en 1970, é unha directora e montadora de cine galega. Traxectoria
Estudou realización audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1991 formou parte da primeira promoción desta escola, onde realizou varias curtametraxes, entre elas a curta Ven a Bens, que recibiu varios premios e recoñecementos. É Técnica superior en realización e produción de programas audiovisuais (EIS, 1994), e Técnica superior en operacións de posprodución (EIS, 1992).
Desde daquela alterna o seu traballo como directora-realizadora e montadora, amosando un especial interese polo xénero documental.
Dirixiu documentais como Sueños desde el abismo (2006) e Aguiño, sobrevivir al Prestige (2003), este último emitido por varias canles de televisión internacionais.
Foi tamén responsábel da dirección das series documentais Moito mar (2001) e 112 rescate (2002), e da serie de ficción Rías Baixas (2003-2004), todas elas para a TVG.
Como montadora, a súa traxectoria foi extensa. Caben destacar a este respecto:
As longametraxes de ficción: Rafael, de Xavier Bermúdez (2008) e Doentes, de Gustavo Balza (2010) Os documentais: Isaac, de Xosé Abad (2007) e Vidas virtuais, de Manane Rodríguez (2011) e As series de televisión: Pequeno Hotel (2002) Rías Baixas (entre 2003 e 2004, e que tamén dirixiu, como quedou dito) Maridos e mulleres (2005) e La casa de 1906 (2006), entre outros.
Na actualidade traballa como directora en Tic Tac Producciones, como directora/realizadora- montadora en freelance, e está en proceso de desenvolvemento a súa segunda longametraxe documental, Matavenero, da que se prevé que a súe estrea sexa en 2014.
Galardóns e nomeamentos Psicokiller, 2º premio Certame de Vídeo Cidade de Terrassa 1993. 1993.
Ven a Bens Premio extraordinario no Certame de Vídeo Cidade de Terrassa; 2º Premio A.I.C.A (Madrid 1995); Mellor curta documental da década dos 90, segundo enquisa realizada a 17 críticos e estudosos do audiovisual en Galicia. A Repesca, premiado no concurso de guións "A Coruña de Cine" (1995). Galicia un país con recursos, premio AGAPI á mellor montaxe (1997). Buenos Aires: A Fronteira Sur do Soño, premio AGAPI á mellor montaxe (1998).
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2003Mellor montaxeRías BaixasNomeada2007Mellor realizaciónA Casa de 1907NomeadaMellor montaxeIsaacNomeada2009Mellor montaxeRafaelNomeada2011Mellor directorTralas lucesGañadoraMellor guiónTralas lucesNomeadaMellor montaxeTralas lucesGañadoraDoentesNomeadaMellor fotografíaTralas lucesNomeada
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Linkedin Consello da Cultura Galega. AGV. Sandra Sánchez Web de Tralas luces
Categoría:Directores de televisión Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Narón Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor dirección Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes