Another Green World é o terceiro álbum de estudio do músico británico Brian Eno. Producido polo propio Eno e Rhett Davies, editouno orixinalmente Island Records en setembro de 1975, como fixera con outros álbums anteriores, Eno traballou con varios músicos invitados como Phil Collins, John Cale e Robert Fripp. O álbum marcou unha gran mudanza musical en relación cos álbums anteriores de Eno. Utilizando como guía as Estratexias Oblicuas que creara xunto ao artista Peter Schmidt, o álbum contiña poucas cancións rock con letra, poñendo a énfase nas producións instrumentais.

O álbum non entrou nas listas de éxito nin no Reino Unido nin nos Estados Unidos e a crítica da época foi discordante. Nos últimos anos a recepción do álbum tornouse positiva, con críticos e publicacións frecuentemente colocando o álbum nas listas dos mellores álbums de todos os tempos.

Lista de temas

Primeira cara "Sky Saw" – 3:25 "Over Fire Island" – 1:49 "St. Elmo's Fire" – 3:02 "In Dark Trees" – 2:29 "The Big Ship" – 3:01 "I'll Come Running" – 3:48 "Another Green World" – 1:28

Segunda cara "Sombre Reptiles" – 2:26 "Little Fishes" – 1:30 "Golden Hours" – 4:01 "Becalmed" – 3:56 "Zawinul/Lava" – 3:00 "Everything Merges with the Night" – 3:59 "Spirits Drifting" – 2:36

Categoría:Álbums producidos por Brian Eno Categoría:Álbums musicais de 1975 Categoría:Álbums de Brian Eno