Nathaniel Kahn, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 9 de novembro de 1962, é un realizador estadounidense. Os seus filmes documentais My Architect (2003) —sobre o seu pai, o arquitecto Louis Kahn— e Two Hands: The Leon Fleisher Story (2006) foron nomeados aos Premios Óscar. É fillo de Harriet Pattison.

Kahn graduouse na Germantown Friends School e na Universidade Yale.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade Yale