Un produto é calquera cousa producida (manufactura) por un proceso natural ou por unha actividade humana. Especificamente pode referirse a:
En Ciencias da natureza Produto, nunha reacción química, é o conxunto de substancias que se obteñen ao combinar os reactivos. É dicir, é o material que se forma como resultado dunha reacción química. Produto, a molécula ou moléculas finais dunha ruta metabólica, e tamén a molécula ou moléculas que se obteñen tras a acción dun enzima. Produto xénico, en xenética, é o material bioquímico, xa sexa ARN ou proteína, resultado da expresión dun xene. Produto de desintegración, en física nuclear, o núclido que resulta dun proceso de desintegración.
En Economía Produto, o resultado do traballo, nos tres sectores económicos. Produto interior bruto Produto interior neto Produto nacional bruto Produto xeográfico bruto
En Lóxica Produto, é o resultado da conxunción de diversas proposicións lóxicas, que esixe o valor de verdade de cada unha para que o valor da conxunción ou produto sexa verdadeiro.
En Matemáticas
en aritmética o produto é o resultado da operación da multiplicación, e tamén se emprega como sinónimo desta operación. Denomínanse tamén como produtos a certas operacións binarias realizadas en contextos especializados: Produto (teoría das categorías). Usado na teoría das categorías é unha xeneralización abstracta dos produtos encontrados en diversas estruturas alxébricas. Produto baleiro, o produto de cero factores. O seu valor numérico é 1 por convención. Por exemplo 0!=1. Produto cartesiano, operación entre conxuntos cuxo resultado é un par ordenado dos elementos respectivos. Produto escalar, operación binaria entre elementos dun espazo vectorial que ten por resultado un elemento do corpo subxacente. Produto directo, abstracción que permite definir estruturas alxébricas en produtos doutros alxébricos (usualmente produtos cartesianos). Produto exterior, unha xeneralización do produto vectorial. Produto externo, produto de todos os elementos dun vector por todos os elementos do outro. Produto vectorial ou produto cruz, operación entre vectores dun espazo euclidiano 3-dimensional que ten como resultado outro vector. Produto mixto ou triplo produto escalar é un produto que combina o produto vectorial e o escalar. Produto matricial, operación binaria entre matrices. Produto tensorial, produto entre tensores. Un xeito cómodo de codificar obxectos multilineares. Produto de Kronecker, unha operación entre dúas matrices dun tamaño arbitrario que da como resultado unha matriz bloque. É un caso especial do produto tensorial. Produto de Hadamard, unha operación binaria que toma dúas matrices das mesmas dimensións e devolve unha matriz dos elementos correspondentes multiplicados. Ademais, o termo produto tamén se relaciona con: Produtoria, notación para denotar un produto arbitrario de termos. Palabra non usada derivada de sumatorio, úsase produto infinito. Regra do produto, un método para calcular a derivada dun produto de funcións. Regra do produto (combinatoria), un dos principios fundamentais da contaxe. Topoloxía produto, topoloxía construída sobre o produto cartesiano de espazos topolóxicos a partir da topoloxía dos factores.