A historia urbana de Viena tivo por berce o sopé máis oriental dos Alpes, un outeiro sobre a beira sur do Danubio, o Leopoldsberg Vista xeral da situación xeográfica de Viena, os brazos do Danubio (leitos en 1848) e o Leopoldsberg . Nas súas ladeiras, entre os séculos IX e V antes da nosa era, existiu un asentamento precelta (ilirio) da cultura dos campos de urnas e Hallstatt pertencentes á idade de ferro ata o tempo da cultura de La Tène cando, durante dous séculos, foi abandonado. Pero novamente, no século -II, un castro celta (oppidum) no lugar testemuña a antigüidade da vida pre-urbana na Cunca de Viena. Así mesmo uns dez quilómetros augas abaixo do Danubio, a beira dun pequeno afluente (o Wien), seica outro asentamento celta coñecido coma Vedunia floreceu no século I a.C..

Vindobona miniatura|150px|esquerda|Castrum de Vindobona. miniatura|180px|Vindobona no 250 co vicus arredor do campamento lexionario. Foi precisamente na outra beira do Wien (a occidental) que os romanos, cando a súa chegada e conquista no -15, situaron un castrum (20Ha Recreación de Vindobona dende o oeste (dende a posición do Leopoldsberg; ao fondo semella aparecer a Vedunia celta) ) de fronteira (limes pannonicus) que deu lugar ao municipium Vindobona (no 212), o campamento fortificado cun vicus civil arredorReconstrución a vista de paxaro de Vindobona co vicus arredor (disque a asimetría posterior no castrum foi causada por unha gran inundación do Danubio no século III) Detalle do vicus e campamento militar de Vindobona.

A comezos do século II as murallas do castrum foran refeitas en pedra pero a mediados da centuria a vila foi saqueada polos marcomanos. O mesmo emperador Marco Aurelio, que morreu no Pretorio de Vindobona en 180, reconquistou a fronteira e a cidade foi reconstruída. Primeira doutras moitas reconstrucións nos séculos seguintes (mesmo rectificando a orientación da muralla no século IV) nunha fronteira cada vez máis insegura que fixo refuxiarse progresivamente a poboación dentro de murallas.

A vila xa cristiá (San Pedro coma primeira igrexa intramuros) foi cedida aos hunos en 433 (evidencias dun incendio catastrófico a comezos do século V) e tomada polos longobardos e ávaros no século VI antes de ser conquistada por Carlomagno. De novo en poder dos maxiares foi reconquistada definitivamente para o Sacro Imperio Romano Xermánico polo emperador Odón I no 955.

Capital do Ducado de Austria A primeira mención de Viena data do 881 (nunha batalla contra os húngaros, aínda que puidese referirse ao río Wien). Semella que nestes séculos da época altomedieval a vila mantívose pechada nos restos das murallas romanas e cunha certa actividade comercial. Ocupada por pobos de tradición nómade, o reducido casarío concentrábase entre a sede do poder, unha fortaleza (Berghof) na área do antigo forum romano (despois praza Hoher Markt), e a primitiva igrexa de S. Ruprecht Planta de Viena nos séculos V-VIII; "Siedlungsgenese Wien", Universidade de Graz Planta de Viena nos séculos VIII-IX coa hipótese dunha muralla intermedia; ib. Universidade de Graz .

No 976 a Marca de Austria (Ostmark ou Ostarrichi) foi concedida aos Babenberg que en 1145 trasladaron a súa residencia a Viena facéndoa capital do xa ducado (1156). O desenvolvemento, que comezara no século XI coa ocupación progresiva da despoboada metade occidental do vello recinto e un arrabalde de comerciantes con praza de mercado fóra de murallas no leste, acelerouse co pulo do primeiro duque Heinrich II "Jasormigott" que atraeu un grande incremento de poboación.

A primitiva igrexa de Santo Estevo (1137-47, futura catedral) foi construída sobre un cemiterio romano xunto á muralla (sueste) e a residencia ducal erixiuse no oeste, ao sur do barrio xudeu tamén xurdido neste tempo, e arredor dun patio (actual praza Am Hof). Heinrich II, ademais de reparar o antigo muro romano, fundou tamén o mosteiro Schottenstift (de monxes irlandeses, fronte á residencia pero fóra do murallas) coma centro de estudo e coñecemento da súa capital Mapa de Viena no tempo de Henrique II (reconstrución do século XIX): Santo Estevo á dereita e Am Hof á esquerda co mosteiro Schottenstift fóra de murallas .

O crecemento urbano precisaba dun novo recinto e o financiamento veu do rescate de Ricardo Corazón de León (1192) cando as cruzadas. As novas murallas de 1200-37 (4,5 Km) ían manter a forma urbana básica de Viena ata o século XIX Viena cando a construción das murallas medievais (N embaixo); ilustración do XIX . Desta época data a orixe dunha das rúas centrais e representativas da cidade actual, o Graben. Literalmente "foxo" en alemán, ocupaba o tal da muralla romana no seu percorrido sueste entre Santo Estevo e a área de San Pedro (Peilertor). miniatura|200px|Vista da Graben detrás de S. Pedro dende o norte (século XVI). En 1221 Viena obtivo a carta de cidade e dereitos comerciais que a consolidaron coma un centro de primeira orde no imperio. Porén durante o século XIV a cidade mantívose á sombra de Praga, capital imperial por entón. O novo recinto intramuros foise urbanizando progresivamente Planta de Viena en 1314: a praza do Neuer Markt ao sur de S. Estevo e á súa esquerda o vacío da futura Hofburg imperial; ib. Univ. de Graz . Ao sur do barrio de S. Estebo apareceu a praza do Neuer Markt ( un novo mercado ante a insuficiencia do vello Hoher Markt); no sector suroeste ata o mosteiro Schottenstift, preto da nova igrexa de San Miguel fora erixido rentes da muralla (1275, Otakar II) un castelo (hoxe Schweizertrakt), residencia dos primeiros Habsburgo e inicio do que co tempo deviría a residencia imperial do Hofburg Vista dende o norte do Schweizerhof e as primeiras construcións da Hofburg antes das ampliacións imperiais; de diante San Miguel ; ao seu carón un proxecto frustrado de Rodolfo IV dunha grande universidade (O proxecto utópico de 1365 dunha cidade universitaria en Viena (á dereita, a Hofburg e S. Miguel, enriba o Schottenstift; ib. Univ. de Graz 1365, á maneira do quartier Latin-Université de París).

Os Habsburgo, que se fixeran co control de Austria en 1278, tamén impulsaron a construción da Santo Estevo gótica coa teima de acadaren a diocese para Viena. Finalmente foi consagrada coma catedral no tempo que os gobernantes comezaban a súa andaina coma dinastía imperial (metade do século XV).

Corte Imperial dos Habsburgo miniatura|140px|esquerda|1547 (N embaixo). miniatura|250px|1609 miniatura|250px|1686 De feito non foi ata o finais do século XVI que os emperadores asentaron a corte en Viena (ante a repetida belixerancia da burguesía Planta de Viena antes do reforzamento da muralla (metade do XVI): o Hofburg aínda é o vello Schweizertrakt; nótese o Graben coma rúa máis ancha ). Un primeiro asedio dos turcos otománs en 1529 levou ao reforzamento das murallas medievais con bastións renacentistas (1548) Planta de Viena en 1650 cos bastións de 1548; o Hofburg vai sendo ampliado . Non foi senón o principio dun melloramento defensivo continuo que resistiu a última das tentativas dos otománs (1683) por conquistaren a praza clave de acceso a Europa occidental. Para entón a cidade medieval (Alstadt) estaba arrodeada dun completo e robusto sistema de bastións e foxos, ademais dun vasto glacis de medio quilómetro de anchura. Fora dese baleiro as residencias suburbanas (Vorstadt) conformando a singular forma urbana de Viena coma cidade dobre. miniatura|140px|esquerda|1704, a cidade dobre. Dende 1575 e durante os dous séculos seguintes o Hofburg foise ampliando coma un enorme complexo palaciano a base de edificios e patios xustapostos pero sen a unidade que requiría unha residencia imperial do tempo, impedida como estaba pola constrición do espazo entre a muralla e a cidade burguesa Axonometría do Hofburg en 1683 dende o sur: no centro, o vello Schweizerhof e á esquerda a ampliación de Leopoldo I (1661-8); D. Suttinger Vista axonométrica da Hofburg en 1770 dende o norte: á esquerda a Biblioteca de Fischer von Erlach e de diante a Escola de Equitación; D.Huber . Foi fóra de murallas onde os emperadores puideron construíren o seu Versalles, o Pazo de Schönbrunn (a partir de 1690).

Esplendor tardobarroco miniatura|250px|O territorio de Viena no XVIII miniatura|250px|Vista do setecentos dende os xardíns do Belvedere: á esquerda o Pazo Schwarzenberg e San Carlos Borromeo; ao fondo (NO) Santo Estevo. Porque a reconstrución da capital unha vez desaparecida a ameaza turca tivo por estilo o barroco tardío, por arquitectos senlleiros Fischer von Erlach e Lucas von Hildebrandt, e por escenario principal a Vorstadt, a coroa de suburbios residenciais (arrasada no asedio turco) que arrodeaban o baleiro do glacis estendéndose ata unha liña exterior de fortificacións (a Linienwall, 1704). Luxosas vilas, pazos e castelos aristocráticos con xardíns de grandes perspectivas enriqueceron o territorio vienés, entre os que cabe destacar o Pazo Liechtenstein, o Pazo Schwarzenberg e sobre todo o do Belvedere. Preto dos dous últimos (obras de Hildebrandt) Fischer von Erlach vai erixir (daquela na beira do Wien) un dos máis sobresaíntes monumentos da época, a igrexa de San Carlos Borromeo (Karlskirche, 1715-37) .

Dende o medievo o labor de canalización e desecamento dos numerosos brazos e illas do Danubio ao norte da Alstadt, con pontes de madeira dende os séculos XIV e XV, dera paso á urbanización da Leopoldstadt (novo gueto xudeu e primeiras industrias). Tamén alí desenvólvese un pazo suburbano dos soberanos con xardíns barrocos, o Augarten, e ademais no que comezou coma coto de caza imperial delinéase a traza do que devirá o parque vienés por antonomasia, o Prater (público en 1766) Vista de época (J.Alt) da Leopoldstadt dende S.Estebo; o Prater e o brazo principal do Danubio ao fondo .

Os problemas derivados dunha cidade antiga, densamente ocupada e pechada, e da evidente desconexión e falta de integración das dúas áreas urbanas constituídas non puideron seren resoltos no século XVIII. Non foi ata a chegada do ferrocarril (1837), coa planificación da rede de estacións a través da urbe, que a capital imperial atopou a maneira de resolver a unificación do seu organismo urbano "Urbanismo occidental" páx. 240-50; W. Braunfels, e fíxoo cunha das obras de sutura urbanística máis notables da historia. A cidade que albergara a Mozart ou Haydn deu paso á que viviron e pasearon Brahms, Freud, Klimt, Schönberg ou Wittgenstein. O resultado ofrece o caso único e paradoxal no que a cidade barroca envolve ao ensanche do XIX. 800px|miniatura|Composición panorámica completa (360º) da cidade histórica aínda illada polas murallas e o glacis na metade do século XIX (C.Zajicek sobor vistas de E.Hütter)

O Ring miniatura|250px|O plan do Ring en 1860 (aproximación ao finalmente construído aínda que sen a praza da Rathaus, Parlamento e Universidade) Trala breve ocupación napoleónica e o Congreso de Viena (1815) que redefiniu o mapa de Europa, o emperador Francisco Xosé I decretou en 1857 o que xa era unha petición clamorosa dende o século anterior: o derrubo das murallas e a integración das dúas partes da capital cunha ocupación planificada do antigo glacis. Foi así que se iniciou o proxecto do Ring vienés Mapa detallado de Viena (1858) antes do RingOutra páxina sobre a Ringstrasse.