En setembro de 1788, Alessandro Malaspina, xunto co seu amigo José de Bustamante y Guerra, propoñen ao goberno español a organización dunha expedición político-científica ao redor do mundo co fin de visitar case todas as posesións españolas en América e Asia.
Esta viaxe deuse a coñecer polos promotores como "Viaje científico y recreativo alrededor del mundo". Durante a travesía foi coñecido popular e publicamente como "Expedición vuelta al mundo". Á chegada de volta a España, 1794, como non se regresara atravesando o océano Índico e o cabo da Boa Esperanza, como consecuencia da sobrevida guerra entre España e Francia, denominouse "Expedición ultramarina iniciada el 30 de julio de 1789". E cando se publicaron por primeira vez os traballos da expedición (en 1885) polo tenente de navío Pedro Novo, foi dada a coñecer como "Viaje recreativo-científico alrededor del mundo por las corbetas Descubierta y Atrevida, al mando de los Capitanes de navío don Alejandro Malaspina y don José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794". Posteriormene coñeceuse como Expedición Malaspina.
Na actualidade diversas institucións españolas puxeron en marcha unha gran expedición científica de circunnavegación que recibiu o nome deste mariño en recoñecemento ás súas achegas ao coñecemento xeográfico e científico: a Expedición Malaspina (2010-2011).
Antecedentes e preparativos
A intensa actividade de exploración do Pacífico desenvolvida por Francia e Inglaterra a finais do século XVIII provocou a reacción do Reino de España. Desde que a expedición de Magallanes e Elcano cruzara o Pacífico e descubrira as Filipinas, España considerara o Mar do Sur como da súa exclusiva propiedade, controlando Filipinas no oeste e a case totalidade da súa beira leste, desde California até Chile. Pero a inxerencia doutras nacións non foi a principal razón desta expedición. Foi fundamentalmente o carácter científico das exploracións francesas e inglesas o que provocou unha resposta dos intelectuais ilustrados españois. Era evidente o desexo de emular as viaxes de Cook e La Pérouse a través dun océano que durante dous séculos e medio foi considerado como un mar español.
O historiador británico Felipe Fernández-Armesto Non confundir con Augusto Assía, Felipe Fernández-Armesto, seu pai. sinalou que:
Os propósitos da expedición serían os seguintes: incrementar o coñecemento sobre ciencias naturais (botánica, zooloxía, xeoloxía), realizar observacións astronómicas e "construir cartas hidrográficas para las regiones más remotas de América". O proxecto recibiu a aprobación de Carlos III, dous meses exactos antes da súa morte.
A expedición, que contaba coas fragatas Atrevida e Descubierta, saíu de Cádiz o 30 de xullo de 1789, levando a bordo á flor e nata dos astrónomos e hidrógrafos da Mariña española, como Juan Gutiérrez de la Concha, acompañados tamén por grandes naturalistas e debuxantes, como o profesor de pintura José del Pozo, os pintores José Guío e Fernando Brambila, o debuxante e cronista Tomás de Suria, o botánico Luís Née, os naturalistas Antonio Pineda e Tadeo Haenke (a calidade da tripulación non se reducía á súa dotación científica: así mesmo participou na expedición, por exemplo, Alcalá Galiano, que morrería heroicamente en Trafalgar). Os navíos foron deseñados e construídos especialmente para a viaxe, e foron bautizados por Malaspina en honor dos navíos de James Cook Resolution e Discovery (Atrevida e Descuberta).
A expedición Despois de fondear durante uns días nas illas Canarias, navegaron polas costas de Suramérica até o Río da Prata, chegando a Montevideo o 20 de setembro. De aí, seguiron até as illas Malvinas, recalando antes na Patagonia. Dobraron o cabo de Fornos e pasaron ao Pacífico (13 de novembro), explorando a costa e recalando na illa de Chiloé, Talcahuano, Valparaíso, Santiago de Chile, El Callao, Guayaquil e Panamá, para alcanzar finalmente Acapulco en abril de 1791. miniatura|Glaciar Malaspina, en Alasca. 250px|miniatura|O estreito de Juan de Fuca que, na actualidade, serve de fronteira entre a illa de Vancouver (Columbia Británica) e a península Olímpica (estado de Washington, EUA) 250px|miniatura|Illas Xeorxias do Sur e Illas Sandwich do Sur).
Ao chegaren alí recibiron a encarga do rei Carlos IV de encontrar o Paso do Noroeste, que se supoñía unía os océanos Pacífico e Atlántico. Malaspina, en lugar de visitar Hawai como pretendía, seguiu as ordes do rei, chegando até a baía de Yakutat e o fiorde Prince William (Alasca), onde se convenceron de que non existía tal paso. Volveron cara ao sur, até Acapulco (onde arribaron o 19 de outubro), despois de pasaren polo posto español de Nutka (na illa de Vancouver) e o de Monterey, en California.
En Acapulco, o vicerrei da Nova España ordenou a Malaspina recoñecer e cartografar o estreito de Juan de Fuca, ao sur de Nutka. Malaspina requisou dous pequenos navíos, a Sutil e a Mexicana, poñéndoos baixo o mando de dous dos seus oficiais, Dionisio Alcalá Galiano e Cayetano Valdés. Ditos barcos deixaron a expedición dirixíndose ao estreito de Juan de Fuca para cumprir a orde.
O resto da expedición puxo rumbo ao Pacífico, navegando a través das illas Marshall e as Marianas e fondeando en Manila (Filipinas) en marzo de 1792. Alí, as fragatas separáronse. Mentres que a Atrevida se dirixiu a Macau, a Descubierta explorou as costas filipinas. En Manila morrería, por unhas febres, o botánico Antonio Pineda. Reunidas de novo, en novembro de 1792, ambas as fragatas deixaron Filipinas e navegaron a través das illas Célebes e as Molucas, dirixíndose posteriormente á illa Sur de Nova Zelandia (25 de febreiro de 1793), cartografando o fiorde de Doubtful Sound. A seguinte escala foi a colonia británica de Sidney, desde onde volveron ao porto de El Callao, tocando na illa de Vava'u e, desde alí, polo cabo de Hornos, volvendo a fondear nas illas Malvinas.
A principios de 1794 a corveta Atrevida, comandada polo capitán de navío José de Bustamante y Guerra, separouse da súa nave xemelga nas illas Malvinas, dirixíndose a verificar os descubrimentos das Antillas do Sur (nome que recibe, na Arxentina o conxunto insular de orixe volcánica que se estende en forma dunha gran sinusoide desde os bordos surorientais do mar Arxentino até bordear as costas occidentais da península Antártica, e que comprende as illas Xeorxias do Sur e as Sandwich do Sur), así como os das illas de San Pedro (actualmente máis coñecidas como Xeorxia do Sur).
A Atrevida determinou as coordenadas exactas das illas Aurora, avistou á principal das Cormorán, o 20 de febreiro de dito ano, e seguidamente a todas as outras illas, incluídas as Rocas Negras, regresando a Cádiz o 21 de setembro de 1794.
A expedición levantou mapas, compuxo catálogos de minerais e de flora e fauna e realizou outras investigacións científicas. Pero non abordou simplemente cuestións relativas á xeografía ou á historia natural. En cada escala, os membros da expedición estableceron inmediato contacto coas autoridades locais e científicos para ampliar as tarefas de investigación.
Ao seu regreso a España, Malaspina presentou un informe, Viaje político-científico alrededor del mundo (1794), que incluía un informe político confidencial, con observacións críticas de carácter político acerca das institucións coloniais españolas e favorábel á concesión dunha amplísima autonomía ás colonias americanas e do Pacífico, o que lle valeu que, en novembro de 1795, fora acusado por Manuel Godoy de revolucionario e conspirador, e condenado, tras un moi dubidoso xuízo, a dez anos de prisión no castelo de Santo Antón da Coruña.
miniatura|300px|Rota seguida pola fragata Descubierta na Expedición Malaspina.
Resultados da Expedición Malaspina
O obxectivo de Malaspina, e do seu colega e amigo Bustamante, era realmente ambicioso. Aspiraba a debuxar un cadro razoado e coherente dos dominios da Monarquía española. Para iso, non só contou cos traballos dos seus colaboradores, senón que tamén investigou nos materiais dos principais arquivos e fondos da América española. A través dos seus diarios e escritos, tiveron cabida os distintos aspectos da realidade do Imperio, desde a minaría e as virtudes medicinais das plantas, até a cultura, e desde a poboación da Patagonia até o comercio filipino.
Desta forma culminou, seguindo os principios da Ilustración, a experiencia descubridora e científica de tres séculos de coñecemento do Novo Mundo e a tradición hispana de relacións xeográficas e cuestionarios de Indias. E fíxoo baixo unha fórmula característica do período pois, imbuído do credo cientifista e naturalista da Ilustración, o que fixo Malaspina en realidade foi compoñer unha verdadeira física da Monarquía.
Ao seu regreso, a Expedición Malaspina acumulara unha cantidade inxente de material: a colección de especies botánicas e minerais, así como observacións científicas (chegáronse a trazar setenta novas cartas náuticas) e debuxos, bosquexos, esbozos e pinturas, era impresionante e, sen dúbida, a maior que foran capaces de reunir nunha soa viaxe navegantes españois en toda a súa historia.
De todo ese cúmulo de coñecementos e da insuperábel experiencia apenas se publicou (debido á oposición de Godoy) un Atlas con 34 cartas náuticas. Durante o proceso de Malaspina en 1795 pretendéranse eliminar os materiais da expedición que, porén, foron preservados na Dirección de Hidrografía do Ministerio de Mariña en Madrid.
O groso daquel traballo permaneceu inédito até 1885, cando o tenente de navío Pedro de Novo y Colson publicou a súa obra Viaje político-científico alrededor del mundo de las corbetas Descubierta y Atrevida al mando de los capitanes de navío D. Alejandro Malaspina y D. José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794 (desgraciadamente, algúns materiais, como certas observacións astronómicas e de historia natural, perdéranse xa para sempre).
Porén, parte das coleccións de historia natural acumuladas durante a Expedición, sobre todo as relacionadas coa Botánica, correron mellor sorte: o herbario de Luís Née foi doado ao Real Jardín Botánico de Madrid, onde se conserva actualmente, e moitas especies foron descritas grazas a estes materiais polo seu director naquela época, Antonio José Cavanilles.
Informacións complementarias Gaceta de Madrid núm. 99, de 12/Diciembre/1794. Páxinas 1462 a 1465. Son presentados a Su Majestad los Capitanes de la Expedición Ultramarina iniciada o 30 de xullo de 1789 (Publicado polo Boletín Oficial del Estado). Transcrición resumida: miniatura|O brigadier da Real Armada Alessandro Malaspina.
O almirante ruso Adam Johann von Krusenstern foi o primeiro que publicou a relación da viaxe de Malaspina, en San Petersburgo, por achegas, entre 1824 e 1827, na revista do almirantado ruso."Путешествіе въ Южно море, къ Западнимъ берегамъ Америки и островамъ Маріанскимъ и Фнлипинскимъ, совершенное подъ командою Каролевско-Испанского Флота Капитановъ Малеспини и Бустаманте", (Viaxe ao Mar do Sur, á costa oeste de América e ás Marianas e ás illas Filipinas, baixo mando dos capitáns Malaspina e Bustamante da Mariña de guerra real española), Записки, издаваемыя Государственнымъ Адмиралтейскимъ Департментомъ, относящiяся къ Мореплаванію, Наукамъ и Словесности (Zapisky, izdavayemiya Gosudarstvennim Admiralteiskim Departmentom, otnosyashchiyasya k' Moryeplavaniyu, Naukam i Slovesnosti / Noticias do Almirantado acerca de Navegación, Ciencia e Literatura), VI, 1824, pp. 188-276; VII, 1824, pp. 121-223; VIII, 1825, pp. 176-272; IX, 1825, pp. 1-292; XII, 1827, pp. 29-191, 29-191; XIII, 1827, pp. 10-178. Esta narración non comprende a parte final da viaxe. Véxase: Dario Manfredi (2000): "Sulla Prima Edizione del Viaggio di Malaspina, S. Pietroburgo, 1824-1827", in Giovanni Caboto e le Vie dell’Atlantico settentrionale. Genova: Centro italiano per gli Studi storico-geografici, pp. 485-159.