Abū Abd Allāh Muhammad ibn Al-Abbār ou Abdallah ben Abderrahmán Ebn Alabar Alcodai, nado en Valencia, al-Ándalus en 1199 e finado en Tunes o 6 de xaneiro de 1260, foi un poeta, historiador, diplomático, político e erudito valenciano de al-Ándalus, da época árabe.
Traxectoria Era orixinario dunha influente familia xemenita de Onda, cidade da Taifa de Valencia. Durante a súa vida en Valencia foi un destacado poeta e brillou profesionalmente na secretaría dos gobernadores de Valencia, até que, sitiada a cidade por Xaime I, foi enviado a Tunes a pedirlle axuda ao emir dos Háfsidas de Tunisia, Abu Zakariya, ante quen recitou unha qasida famosa:
Tras a conquista de Valencia por Xaime I, Ibn al-Abbar instalouse en Tunes, e seguiu traballando de forma destacada como secretario de goberno, pero o emir al-Mustansir ordenou executalo en 1260, queimando máis tarde o seu cadáver xunto a todos os seus escritos.
Obra Está considerado como un dos escritores máis egrexios do século VI da héxira.
As súas obras literarias máis importantes, al Hulla al Siyara (A túnica recamada) e a Takmila, son unha colección de biografías dos príncipes e magnates norteafricanos e andaluces, unhas magníficas crónicas que documentan a historia medieval do islam occidental. Distinguiuse tamén como poeta, especialmente polas súas qasidas ou poesías dedicadas á perda de Balansiyya (Valencia) ou a que describe as tráxicas circunstancias polas que está pasando Al-Ándalus no século XIII.
Véxase tamén Bibliografía Casiri, Bibliotheca Arábico- hispana (Madrid, 1760) Derembourg, Manuscrits árabes de l Escurial (París, 1884)
Ligazóns externas Biografía de Ibn Al-Abbar
Categoría:Personalidades de Al-Andalus Categoría:Poetas de Al-Andalus Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1199 Categoría:Finados en 1260 Categoría:Executados na fogueira