miniatura|300px|Ruínas do castelo de Marracq, en Baiona, Francia.

Co nome de abdicacións de Baiona coñécense as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte quen, a continuación, cedería os dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinaría co nome de Xosé I. Ditas abdicacións tiveron lugar o 5 de maio de 1808 no castelo de Marracq da cidade francesa de Baiona.

Antecedentes Tratado de Fontainebleau

miniatura|Carlos IV. miniatura|Napoleón I, emperador dos franceses. Desexoso o emperador francés Napoleón de illar a Inglaterra, procedeu a estender o bloqueo continental ao Portugal, aliado do Reino Unido. Ante as reticencias do príncipe rexente Xoán, o exército francés entrou en España o 18 de outubro de 1807 en dirección a Portugal, tras o cal, o 27 de outubro, Eugenio Izquierdo e o xeneral Duroc, como plenipotenciarios, pactaron no Tratado de Fontainebleau o repartimento de Portugal (entre Francia, España e Godoy, que sería coroado como Príncipe dos Algarves) e mais o libre tránsito por España de 25 000 homes de infantaría e 3 000 de cabalaría.

O 17 de novembro as tropas franco-españolas ao mando de Junot entraron en Portugal e, sen resistencia por parte portuguesa, dirixíronse cara a Lisboa. O continxente español, que ocupou o norte de Portugal, con base no Porto, estaba formado polo exército de Galicia (uns 10 000 soldados) ao mando do seu Capitán Xeneral, Francisco de Taranco y Llano, ao servizo de Junot.Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma, p. 63.O capitán xerneral Taranco y Llano faleceu no Porto en marzo de 1808. No entanto, a familia real portuguesa decidira embarcar para Brasil (29 de novembro).

O 22 de decembro entrou outro exército, liderado por Dupont, con 22 000 efectivos de infantaría e 3 500 de cabalaría, sen contar coa anuencia da Corte española (de Godoy) e, o 9 de xaneiro de 1808, un terceiro exército, ao mando de Moncey, con 25 000 efectivos de infantaría e 2 700 de cabalaría, cruzou a fronteira.

O 1 de febreiro, contravindo o pactado en Fontainlebleau, Junot depuxo formalmente á dinastía Braganza e ao Consello de Rexencia designado polo príncipe rexente, e proclamou o goberno de Napoleón sobre a totalidade do territorio.

A mediados de febreiro os franceses presentáronse en Pamplona e, ante a reticencia de cederlles a cidadela, tomárona por sorpresa o 16 de febreiro. Por outro lado, entrou un exército dirixido por Duhesme, con 11 000 homes de infantaría e 1 700 de cabalaría, en dirección a Valencia, e baixo amenaza, e temendo as autoridades a inimizade francesa, entraron o día 13 en Barcelona e o 28 de febreiro na súa cidadela.

Coa autorización de Godoy, esta vez, o 5 de marzo entregouse Donostia, mentres que o 18 de marzo se rendeu a cidadela de Figueres. Ademais, en marzo, formouse un novo exército, de 19 000 homes, ás ordes de Bessières.

Por outra parte, o xeneral Joachim Murat, cuñado de Napoleón, entrou en España en marzo de 1808 co rango de Lugartenente xeral do Emperador e comandante do exército de 50 000 homes que formaban l'Armée d'Espagne. Murat debía ocupar Madrid (onde actuou como gobernador da capital) e esperar as ordes de Napoleón.

Pese a todo iso, víase a Napoleón, polo menos nas esferas oficiais, como protector de España.

Motín de Aranjuez

miniatura|300px|Manuel Godoy, Príncipe de la Paz.

Godoy, porén, temeroso de que da presenza en España de 100 000 soldados franceses amigos, sen autorización, e sen saber cal era o seu verdadeiro obxectivo, decidiu trasladar á Familia Real a América, a exemplo do que fixra a portuguesa, viaxe que se iniciaría o 13 de marzo encamiñándose cara a Aranjuez.

Os rumores de que proseguiría a viaxe dos rei o 17 ou o 18 de marzo, e as intrigas do Príncipe de Asturias Fernando e dun grupo de nobres que o apoiaban, desexosos de ver a Godoy fóra do goberno, puxo os ánimos alerta e, ante a confusión e alarma entre os empregados do palacio provocada poa saída de Pepita Tudó, unha turba de funcionarios procedeu ao saqueo da casa de Godoy. Novos tumultos producidos polo apresamento do valido levaron a Carlos IV a abdicar no seu fillo Fernando o 19 de marzo,Gazeta de Madrid, 25 de marzo de 1808 pp. 297 e 298. para así salvar a vida do seu favorito.

Primeiro reinado de Fernando VII Tendo Murat noticias do acaecido en Aranjuez, acelerou a súa marcha e entrou en Madrid o 23 de marzo. Ao día seguinte fíxoo o novo rei Fernando VII.

Cando Napoleón recibiu as novas o 26 de marzo, dispúxose a facer o cambio de monarca en España. Ao día seguinte propúxolle ao seu irmán Lois a coroa, e o 2 de abril saíu de París en dirección a Baiona, aínda que Murat estendeu o rumor de que iría a Madrid.

En España, os reis pais permaneceron en Aranjuez e, vendo como cambiara o seu status, foron aconsellados e inducidos polos franceses para que protestaran, asegurando que a abdicación fora forzada,Gazeta de Madrid de 13 de maio de 1808 pp. 453, 454 e 455. decisión que o propio Murat se apoiou, xa que desta maneira fomentaba a desunión da familia real e deslexitimizaba ao novo rei. miniatura|Fernando VII.

A instancias de Murat, os reis pais trasladáronse ao Escorial o 9 de abril, aproximándoos así ao camiño de Francia. O trato que Murat reservaba ao novo rei Fernando VII era de total indiferenza, negándose a recoñecelo. O novo monarca, necesitado de apoios e recoñecemento internacional, proseguiu a política de estreitar lazos de amizade e alianza con Francia. Así, o 5 de abril mandou ao seu irmán Carlos ao encontro do emperador. Entre tanto, chegou a Madrid o xeneral Savary coa encarga de levar ao rei a un encontro con Napoleón quen, supostamente, ía de camiño a Madrid, para encontrarse con el en Burgos.

O 10 de abril, o rei, desexoso de contar co beneplácito de Napoleón, partiu de Madrid coa súa comitiva e dispuxo que, na súa ausencia, rexera o goberno unha Xunta Suprema de Goberno presidida polo seu tío o infante Antonio.Chastenet, Jacques (1953): Godoy Master Of Spain 1792 1808. London: The Batchworth Press. Á súa chegada a Burgos, o 12 de abril, non tivo noticias de Napoleón, e o xeneral Savary convenceuno de que proseguira viaxe a Vitoria, onde chegou o día 13.

Napoleón entrara en Baiona o 15 e, tendo noticias disto o infante Carlos, que estaba en Tolosa, tamén foi para alá. O xeneral Savary aseguroulle a Fernando que se ía a Baiona ao encontro con Napoleón, este non tería inconveniente en recoñecelo como rei de España e, engadindo isto ao apoio que encontrou no seu conselleiro Escóiquiz, Fernando partiu de Vitoria o 19 precedido pola cabalaría francesa, xa que un inmenso xentío enchía as rúas para impedir aquela viaxe. Finalmente, chegou a Baiona o 20, onde ninguén saíu a recibilo.

Mentres tanto Murat, despois de que saíra Fernando VII de Madrid, meteu presión á Xunta de Goberno para liberar a Godoy, levalo a Francia e influír así no ánimo dos reis pais.

A excarcelación tivo lugar o 20 de abril, debido ao temor da Xunta á reacción de Murat, e tamén ao convencemento de que con iso beneficiaría a causa do rei Fernando ante Napoleón. Godoy foi entregado aos franceses e chegou a Baiona o 26 de abril.

Murat, o día 16, comunicou á Xunta que o emperador Napoleón non recoñecía a outro rei que a Carlos IV, e que ía publicar unha proclama de Carlos IV na que indicaba que a súa abdicación fora forzosa. Porén, a Xunta respondeu que non se daría por informada até que o propio Carlos llo comunicara, e pediu o segredo para dita resolución. En seguida Murat púxose de acordo con Carlos IV, quen desde o Escorial escribiu a Napoleón poñéndose nas súas mans, e ao seu irmán Antonio, presidente da Xunta, coa retractación da súa abdicación e a confirmación dos membros da Xunta Suprema tal e como a constituíra o seu fillo o rei Fernando VII.

Deste xeito, tanto pai como fillo demandaban de Napoleón axuda e apoio, e non cuestionaban a súa amizade; o primeiro, para recuperar o trono, e o segundo para lexitimar a súa posesión. Con este espírito emprenderon ambos os monarcas o camiño de Baiona. O 25 de abril, Carlos IV e a súa esposa, María Luísa de Parma, emprenderon viaxe a Baiona, a onde chegaron o 30 de abril, sendo recibidos e agasallados por Napoleón como os verdadeiros reis. A Fernando non o recibira ninguén.

As abdicacións de Baiona

Tras un xantar con Napoleón o 20 de abril, o rei Fernando foi informado por Savary de que o emperador resolvera substituír os Borbóns pola familia Bonaparte, e Napoleón convenceu a Escóiquiz de que lle cedería o reino de Etruria e o casaría cunha princesa imperial a cambio da coroa española. Porén, as negociacións dilatáronse polo desexo de Napoleón de non empregar a violencia e de esperar aos reis pais, que chegaron o día 30.

Namentres, en Madrid, Toledo e Burgos crecía o descontento contra os franceses ante os rumores de que ía restaurar no trono a Carlos IV. En Madrid Murat facía ostentación das súas forzas, o que causaba a animadversión no pobo madrileño. O 1 de maio, a comitiva do gran duque de Berg foi asubiada polo pobo.

O seguinte —e transcendental— suceso provocouno unha misiva que Murat entregou á Xunta o 30 de abril, na que Carlos IV pedía a partida dos seus outros fillos: a María Luísa de Borbón, raíña de Etruria e o infante Francisco de Paula. Á primeira permitíuselle que obrara segundo a súa vontade, pero ao infante, tras negarse nun principio, autorizouse a súa saída para o 2 de maio. Corrido o rumor da partida, congregouse fronte ao palacio unha multitude que, ante a presenza do axudante de Murat, Auguste Lagrange, enfureceuse; a isto Murat respondeu sacando un batallón de soldados para dispersar aos manifestantes, o que provocou o levantamento de todo Madrid. Contido o levantamento, proseguiu a partida da familia real, o día 3, a do infante Francisco, e o 4 a do presidente da Xunta, o infante Antonio.

O 1 de maio en Baiona, Napoleón, despois de xantar cos reis pais e Godoy, citou a Fernando VII, ao que os seus pais, apoiados por Napoleón, meteron presión e ameazaron para que abdicase en favor de Carlos IV. Desta maneira foille arrincada unha abdicación datada o 1 de maio e condicionada á reunión das Cortes en España, e sen presenza de Godoy. Pero Carlos IV rexeitou esta idea.

O 4 de maio chegou a Baiona un comisionado da Xunta Suprema, Evaristo Pérez de Castro Colomera, que lle comunicou ao rei Fernando as proposicións de actuación da Xunta, a resultas das cales o rei expediu dous decretos nos que afirmaba que se achaba sen liberdade, mandaba á Xunta que exercera en lugar seguro a plena soberanía no seu nome, e autorizaba a convocatoria de Cortes. Ese mesmo día o mariscal Duroc e Godoy, como plenipotenciarios, concluíron un tratado Coñencido como Tratado de Baiona. polo que Carlos IV cedía a coroa de España a Napoleón;Gazeta de Madrid de 14 de outubro pp. 1293 e 1294. por outro lado, igualmente ese día recibíronse as noticias do Levantamento do 2 de maio en Madrid, e de novo Napoleón e os reis pais lle botaron a culpa do levantamento a Fernando e o ameazaron para que abdicara, cousa que fixo o 6 de maio.

Feitas xa as renuncias reais, faltaban as dos sucesores, que se levaron a cabo, mediante a xestión de Duroc e Escóiquiz, o 12 de maio en Bordeos, subscritas por Fernando, Carlos e Antonio. O infante Francisco de Paula non asinou dada a súa minoría de idade.Gazeta de Madrid de 20 de maio pp. 483 e 484 . A raíña de Etruria seguiu a mesma sorte de seus pais e irmáns.

Feitas as renuncias e establecidas as pensións que recibirían, a familia real española foi internada en Francia.

Consecuencias. O interregno: Murat, a Xunta Suprema e Xosé I

miniatura|Joachim Murat, cuñado de napoleón, Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Lugartenente de Napoleón en España (1808), Rei de Nápoles (1808).