Xulio Xosé Pardellas de Blas, nado en Pontevedra o 9 de abril de 1949, é un profesor, economista e político galego.

Traxectoria Fillo do mestre Gonzalo Pardellas Puga. Doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, Impartiu docencia de Economía Mundial, Europea e de España nos campus de Pontevedra e Vigo. As súas liñas de investigación oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo. Foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Tamén é presidente da Asociación Galega de Ciencia Rexional (AGCR), vogal da directiva da Asociación de Científicos e Investigadores en Turismo (AECIT) e membro do comité de dirección do Centro de Estudios da Eurorrexión (CEER).

Coordinador da cátedra Jean Monnet da Unión Europea na Universidade de Vigo, foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento galego polo PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Seminario de Estudos Galegos

Ten colaborado en Polígonos: Revista de geografía, Pasos: Revista de Turismo y Patrimonio Cultural, Journal of Tourism Analysis = Revista de Análisis Turístico, BAGE. Boletín de la Asociación Española de Geografía, Revista de economía mundial, Papeles de economía española, Eixo Atlántico: revista da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Cuadernos de turismo, Revista portuguesa de estudos regionais, Revista galega de ciencias sociais, Cooperativismo e economía social.

Obras A Emigración (1978). Vigo: Artes Gráficas Galicia. ISBN 84-400-4811-4. O marisqueo (1978). Marín: Ed. Autor. ISBN 84-400-5333-9. A Emigración (1981). Marín: Escola Aberta. ISBN 84-85986-00-8. Elementos de analise da estrutura pesqueiro-marisqueira pra un modelo de planificacion do sector en Galicia: (estudio centrado na ría da Arousa) (1982). Universidade de Santiago de Compostela,. ISBN 84-300-7216-0. Do marisqueo á acuicultura (1980). Edicións do Rueiro. ISBN 9788485220304 Plano de infra-estructuras do Eixo Atlântico (2000). Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN  84-8457-042-8. Estratexias turísticas urbanas (2002). Vigo: Asociación Galega de Ciencia Rexional. ISBN  84-699-8664-3. Turismo religioso: o Camiño de Santiago (2005). ISBN Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN  84-8158-278-6. Economía básica (2006). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 84-9782-410-5.

Obras colectivas El sector mejillonero español (1986). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. ISBN 84-505-5000-9. A acuicultura mariña en Galicia (1987). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-282-8. A integración europea: un efoque interdisciplinar (1999). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 848302392x. España e Europa: do franquismo ao euro (2002). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-746-2. A Unión Europea. Unha visión multidisciplinar (2003). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-080-0. Turismo de interior en áreas fronteirizas: recursos e ofertas (2007). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións: Instituto de Desarrollo Caixanova. ISBN 978-84-8158-345-8. Economía básica (2014). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-649-7. Política e economía da Unión Europea (2016). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-722-7.

Como director Turismo cultural e ambiental (2003). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-238-7. La actividad turística española en 2003 (2004). Editorial Universitaria Ramón Areces. ISBN 84-8004-690-2. Potencial turístico de territorios periféricos (2004). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-265-4. Turismo religioso: o Camiño de Santiago (2005). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 84-8158-278-6. Ofertas no turismo rural: elaboración e promoción (2007). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-379-3. Estratexias turísticas das cidades do Eixo Atlántico (2009). Eixo Atlantico do Noroeste Peninsular. ISBN 978-84-613-3265-6. Turismo gastronómico: recursos e itinerarios (2009). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-440-0. Notas

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1949 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia