A milgrandeira ou miligrandaNome vulgar da planta en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009;Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 (Punica granatum) é un arbusto ou pequena árbore froiteira caducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remota Antigüidade polos seus froitos comestíbeis, as milgrandas, tamén chamadas granadas (o nome milgranda tamén se lle pode dar á árbore).milgranda s.f. 1. Árbore da familia das punicáceas (Punica granatum), de tronco retorto, follas oblongas e flores vermellas, que dá como froito a granada. A milgranda cultívase no sur da Península Ibérica. 2. Froito desta árbore, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume. A forma da milgranda é semellante á da mazá. SIN. granada. (Definición do DRAG, 2012 )milgranda s.f. Froito da milgrandeira, de cor vermella escura e carne constituída por grans de moito zume, separados en varios grupos por tabiques membranosos [é comestible e emprégase en medicina contra s doenzas da gorxa].milgrandeira s.f. Árbore da familia das punicáceas (Punica grnatum), con ramas delgadas, follas opostas, oblongas, enteiras e lustrosas, flores case sentadas, vermellas e cos pétalos algo dobrados [que dá como froito a milgranda].(Definicións do Gran dicionario Xerais da lingua, 2009.
Orixinaria da zona dos actuais Irán e Iraq, a milgranda cultívase no Cáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.
Na actualidade é amplamente cultivada en toda Turquía, Irán, Siria, Azerbaidján, Armenia, Afganistán, India, Paquistán, Bangladesh, Iraq, Líbano, Exipto, a China, o Xapón, Birmania, Arabia Saudita, Israel, Xordania, as partes máis secas do sueste de Asia, a rexión mediterránea do sur de Europa e a África tropical. Introducida en América Latina e en California polos colonizadores españois en 1769, cultívase tamén en partes de California e Arizona para a produción de zume.
No hemisferio norte a granada é froita de temporada normalmente desde setembro até febreiro. No Hemisferio Sur está en temporada desde marzo até maio.
A milgranda aparece mencionada en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo, nos Himnos homéricos e no Corán.
Nos últimos anos alcanzou un protagonismo principal nos mercados comerciais de todo o hemisferio occidental.Purdue New Crops Profile, Pomegranate
Etimoloxía de Punica granatum, milgranda e granada
O nome do xénero, Punica, deriva do etnónimo (ou xentilicio) latino Pūnicī, de Pūnicus, -a, -um nome empregado polos romanos para referirse aos cartaxineses e aos seus antepasados fenicios, que formaron un imperio nas costas do Mediterráneo occidental, despois de que se estableceran en Cartago, e que foron a principal potencia opositora á República romana,Este nome deriva do latín arcaico Poenicī, á súa vez derivado do grego antigo Φοĩνιξ, -ικοσ, 'feicio' (e tamén 'cartaxinés') debido a que os cartaxineses foron activos difusores do cultivo desta árbore, en parte por razóns de tipo relixioso. miniatura|esquerda|230px|Granada aberta mostrando as súas sementes ou "grans".
O nome específico granatum deriva do adxectivo lanito grānātus, -a, -um, que significa 'con grans' (debido ás sementes do froito —en realidade, froitos, xa que o que se denomina normalmente froito, a granada, é unha infructescencia— que se denominaban grāna (plural de grānum, 'gran'). De aí deriva un dos nomes da froita en galego, granada,Véxase nota 2. e noutros idiomas romances (castelán, granada, portugués, granada —aínda que menos usado que romã—, francés grenade, siciliano granatu).
Porén, no latín clásico o nome da froita era malum punicum ou malum granatum, é dicir, mazá dos cartaxineses ou mazá graúda (de mālum, -i, 'mazá'). Isto deu lugar a nomes como o galego milgranda, ou milgrá no valegoCostas González, Xosé Henrique (2001) Fronteiras lingüísticas no Val do Río Ellas (Cáceres) Revista de Filoloxía Románica, Vol 18 (2001), p. 44, que se aplica tanto á árbore como ao froito, o inglés pomegranate, o alemán Granatapfel, o italiano melograno, o catalán magrana, o aragonés minglana ou mengrana, o corso mela granata, o sardo melagranada e os vénetos malgaragno, magragno, pomoingranà e pomogranà.
Outra raíz para "granada" é a exipcia e semítica rmn. Así, encóntrase no antigo exipcio e no hebreo rimmôn, e no árabe rummân. Do árabe pasou a a gran número de linguas, entre elas ao portugués (romã) e ao romanés (rodie).
Descrición miniatura|Milgranda cultivada en Israel. A milgrandeira é unha pequena árbore caducifolia de porte arbustivo que pode alcanzar de 5 a 8 m de altura. Pode vivir até 200 anos, pero é máis produtiva en froitas nos primeiros 20 anos de frutificación. A casca do tronco é de cor cinsenta apardazada e tende a gretar e escamar coa idade.
As follas, caedizas, son opostas ou subopostas, brillantes, oblongas, estreitas, enteiras, de 3 a 7 cm de lonxitude e 2 cm de largo. Nalgunhas rexións a árbore non perde as súas follas no inverno.
As flores son de cor vermella brillante, de 3 cm de diámetro, con cinco pétalos (normalmente máis nas plantas cultivadas). Algunhas variedades estériles cultívanse só polas flores.
O froito, a milgranda, é unha baga globular (balaustia) de tamaño entre o dun pomelo e o dun limón, de 5 a 12 cm de diámetro e pel grosa e coriácea de cor avermellada, dividida internamente en varios lobos que conteñen numerosas sementes, cuxo número pode oscilar entre unhas 200 e unhas 1.400 (por termo medio, unhas 600), en contra dalgunhas crenzas que afirman que as milgrandas teñen todas exactamente o mesmo número de sementes.Does a larger pomegranate yield more seeds? AquaPhoenix Consultada o 9/4/2012. Cada semente está arrodeada por unha polpa cargada de auga —o arilo, a parte comestíbel— de cor que varía entre a branca e á vermella escura ou púrpura, segundo as variedades, revestida por unha tona, a sarcotesta ou testa carnosa de cor branca, esponxosa, adstrinxente.Punica granatum. Floridata Consultada o 9/4/2012.Sarcotesta é o nome que se lle dá á testa, a parte máis externa das dúas que constitúen o episperma ou tegumento que arrodea a semente das plantas espermatófitas. Font Quer, P. (1993): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
A milgranda abre espontaneamente ao chegar á madureza por fendas que deixan ao descuberto o contido de cada lóculo. As aves, atraídas pola viva cor das sarcotestas, consómenas e, así, as sementes son espalladas, transportadas polas aves e depositadas coas súas feces; é un caso notábel de dispersión endozoócora.
Galería de imaxes
Historia miniatura|220px|Cartago antes da Primeira Guerra púnica. Os cartaxineses foron os introdutores do cultivo da milgranda, e os seus mitos, no Mediterráneo occidental.
A milgranda é orixinaria dunha vasta rexión que abarcaba os actuais Irán e Iraq, e cultivada desde a máis remota Antigüidade. Desde tempos moi antigos o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.
O seu froito era moi apreciado nas zonas desérticas, debido a que está protexido do desecamento pola súa pela grosa e coriácea, o que permitía que as caravanas a puidesen transportar a grandes distancias sen que que iso afectase á conservación das súas calidades, tan apreciadas. miniatura|220px|esquerda|Estas milgrandas asilvestradas e abandonadas (como se demostra polo descoido das plantas, sen colleitar nin podar) nos arredores do Castelo de Aledua (provincia de Valencia) dan fe da construción desta fortaleza polos árabes, xa que foron eles os que introduciron o cultivo da milgranda na Península Ibérica.
Achamos as súas pegadas en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo,"E nas súas orlas hacharás granadas de azul, púrpura e carmesí ao redor, e entre elas campaniñas de ouro ao redor. Unha campaniña de ouro e unha granada, outra campaniña de ouro e outra granada, en toda a orla do manto ao redor. E estará sobre Aarón cando ministre; e escoitarase o seu son cando el entre no santuario diante de Iavé e cando salga, para que non morra". Éxodo, 28:33-35. Igleisa.net, Biblia . nos Himnos homéricos e no Corán.
Sábese que a milgranda se cultivou desde hai polo menos 5000 anos en Asia occidental e no Norte de África. Encontrábase nos xardíns colgantes de Babilonia, e aparece representada en baixorrelevos exipcios.
Os antigos exipcios preparaban co zume do granada un viño lixeiro con sabor a framboesa.
Hipócrates recomendaba o zume de milgranda contra a febre e como fortificante contra as enfermidades.
A Biblia fai referencia en numerosas ocasións ás milgrandas, e sempre na súa defensa.
Os romanos coñeceron a milgranda grazas aos fenicios, que a levaron de Fenicia a Cartago e, estes, despois, a Roma (de aí o seu nome científico de Punica, como vimos).
Os bérberes introduciron a milgranda en Europa, a través de Al-Ándalus, e a cidade de Granada, fundada no século X, recibiu o seu nome, segundo algúns, a partir do froito desta árbore.
Coa colonización española, a milgranda chegou ao Caribe e a toda a América hispana.
Tamén chegou na súa expansión até o Extremo Oriente.
Mitos, crenzas e tradicións
Moitos pobos viron a granada como un símbolo do amor, da fertilidade e da prosperidade: miniatura|250px|Granada na árbore. Os antigos exipcios eran enterrados con granadas. Os babilonios crían que mastigar os seus grans antes das batallas facíaos invencíbeis. Segundo a mitoloxía grega, o primeiro granado foi plantado por Afrodita, a deusa grega do amor e da beleza. Hades, deus dos infernos, raptou a Perséfone, filla da deusa Deméter, para facela súa muller. Deméter esixiu a Zeus a volta da filla, e así ordenouno Zeus, pero Hades deulle a comer un gran de milgrandeira e conseguiu deste xeito que quedase con el tres meses ao ano, podendo ascender aos ceos o resto do ano (Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica, I, 5, 3). Ovidio e Virxilio afirman que pasa medio ano no ceo e outro medio ano no Hades. A granada ten un cáliz con forma de coroa. Na tradición xudía esta forma inspirou o deseño para facer as coroas. En Xava a granada está asociada a certos ritos que se observan durante o embarazo. Segundo Shakespeare, baixo a súa follaxe ocultouse Romeu para cantarlle unha serenata a Xulieta. Na China hai o costume de ofrecerlle unha granada aos noivos na voda como auspicio dunha descendencia numerosa (a cor vermella desta froita está considerada na tradición chinesa como unha cor que atrae a boa fortuna). No islam considérase o granado como unha das árbores do Paraíso, conforme a referencias coránicas e ás tradicións do profeta Muhammad ou Mahoma. En Irán, na festa da noite do Ialda (solsticio de inverno), ofrécense granadas frescas.
Produción Os principais países produtores son: Israel, Líbano, Exipto, Tunisia, España e Italia.
Variedades
Froiteiras: Fine Tendral, Gabès, Mekens, Mollar d'Elx, Mollar de València, Tendral de Xàtiva, Provence, Maroc, Gafsa, Seedless, Wonderfull, Sweet, Plentiflora, Flavescnes e Albescent, entre outras menos coñecidas. Plantas decorativas: sen froitos ou ananas, Flore Pleno, Luteum Plenum, Legrelliae, Maxima Rubra, Nana.
Cultivo
A especie tolera a seca e pode soportar curtos períodos de xeada (até -15 °C) pero prefire os climas secos. En zonas húmidas a milgranda frutifica mal, porque necesita fortes calores durante todo o período de frutificación, xa que, senón, é atacada por doenzas fúnxicas das que non se recupera.
Propagación