Álvaro del Portillo Diez de Sollano, nado en Madrid o 11 de marzo de 1914 e finado en Roma o 23 de marzo de 1994, foi un bispo católico español, sucesor de san Xosemaría Escrivá á fronte do Opus Dei.
Vida Álvaro del Portillo foi terceiro de oito irmáns, nunha familia profundamente cristiá. Ingresou no Opus Dei en 1935. Foi Doutor Enxeñeiro de Camiños e Doutor en Filosofía e en Dereito Canónico. Foi ordenado sacerdote o 25 de xuño de 1944. Formou parte do Consello Xeral do Opus Dei de 1940 a 1975; de 1940 a 1947 e de 1956 a 1975 foi secretario xeral.
Foi consultor de diversos organismos da Santa Sé. Traballou no Concilio Vaticano II, primeiro como presidente da Comisión antepreparatoria para o laicado e despois como secretario da Comisión sobre a discipliña do clero e como consultor doutras comisións. Os seus libros Fieles y laicos en la Iglesia (1969) e Escritos sobre el sacerdocio (1970) son, en boa parte, froito desa experiencia.
No 1975 foi elixido para suceder a Xosemaría Escrivá. Ao ser erixido o Opus Dei como prelatura persoal, o Papa nomeouno prelado. En 1990 foi nomeado bispo titular de Vita por Xoán Paulo II, quen lle conferiu a ordenación episcopal o 6 de xaneiro de 1991. No 1985 fundou en Roma o Centro Académico Romano da Santa Cruz, xerme da Universidade Pontificia da Santa Cruz. En 1989 promoveu a constitución do Centro Académico Romano (CARF), para o apoio económico da formación do clero.
Durante os seus dezanove anos á fronte do Opus Dei, o labor da prelatura estendeuse a vinte novos países.
Finou en Roma o 23 de marzo de 1994, logo de regresar dunha peregrinación á Terra Santa. O papa Xoán Paulo II acudiu ese mesmo día a rezar ante os seus restos mortais.
Beatificación O 28 de xuño de 2012, coa aprobación do papa Bieito XVI, a Congregación para as Causas dos Santos promulgou o Decreto sobre as virtudes heroicas, que leva consigo o título de "Venerable".Noticia oficial do Decreto de virtudes heroicas no Vatican Information Service
O papa Francisco asinou o 5 de xullo de 2013 o decreto que recoñece un milagre atribuído a súa intercesión.Noticia sobre o decreto que recoñece un milagre atribuído a súa intercesión publicada no Vatican Information Service A súa beatificación tivo lugar o sábado 27 de setembro de 2014 en Madrid, España; a cerimonia foi presidida polo representante do papa, o cardeal Angelo Amato, prefecto da Congregación das Causas dos Santos. Á cerimonia acudiron máis de cen mil persoas de todo o mundo. Ao día seguinte, no mesmo lugar, Mons. Javier Echevarría celebrou unha Misa de acción de grazas. A asistencia tamén foi multitudinaria nesta cerimonia.
Citas
Publicacións
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Medina Bayo, Javier, Álvaro del Portillo. Un hombre fiel, Madrid, Ediciones Rialp, 2012, 1ª, 832 pp. Catret Mascarell, Amparo y Sánchez Marchori, Mar, Se llamaba Álvaro. Vida de Monseñor Alvaro del Portillo, Madrid, Palabra, 1999, 1ª, 31 pp. "Profilo biografico di mons. Alvaro del Portillo y Diez de Sollano", en Ateneo Romano De La Santa Cruz (ed.), Rendere amabile la verità: raccolta di scritti di Mons. Alvaro del Portillo, pastorali, teologici, canonistici, vari, Città del Vaticano, Libreria Editrice Vaticana, 1995, pp. 661–664. Illanes Maestre, José Luis, "Disponibilità e servizio. Un breve sguardo all'opera canonica, teologica ed ecclesiale di mons. Álvaro del Portillo", Annales Theologici, 8/1 (1994), pp. 13–21. Badrinas Amat, Benito, "Álvaro del Portillo y Diez de Sollano: la vida junto a un santo", en Paulino Castañeda Delgado y Manuel J. Cociña Y Abella (eds.), Testigos del siglo XX, Maestros del XXI. Actas del XIII Simposio de Historia de la Iglesia en España y América, Sevilla, 8 de abril de 2002, Córdoba, Publicaciones, Obra Social y Cultural CajaSur, 2003, pp. 383–394. Romano, Giuseppe, Don Álvaro: fidelidad día tras día, Roma, 1986, 31 pp. Amadeo de Fuenmayor Champín y Manuel J. Peláez, “Álvaro [José María Eulogio] del Portillo Diez de Sollano (1914-1994)”, en Diccionario crítico de Juristas españoles, portugueses y latinoamericanos (hispánicos, brasileños, quebequenses y restantes francófonos) [ata novembro de 2006], vol. II, tomo 1º (M-Va), Zaragoza-Barcelona, 2006, pp. 335–339, nº 818. María del Carmen Amaya Galván, versión inglesa ampliada y actualizada de la semblanza de Álvaro del Portillo como canonista, redactada por A. de Fuenmayor y Manuel J. Peláez, en María del Carmen Amaya Galván y M. J. Peláez, “Informes jurídicos y notas políticas sobre la situación política y jurídica de Andorra remitidos al Prefecto de los Pirineos Orientales (1881-1965) por el Ministerio de Asuntos Exteriores galo, por el Comisario extraordinario para los Valles de Andorra René Baulard (1933 y 1936-1940) y por otras autoridades y personalidades políticas y académicas (tercera parte)”, en Contribuciones a las Ciencias Sociales, ISSN 1988-7833, outubro de 2010, en liña, http://www.eumed.net/rev/cccss/10/pag.htm (pp. 1–76), ver .Pdf, pp. 5–9, notas 9 y 10 [Está indexado en resumen amplio en EconPapers (Örebro University – Swedish Business School. Suecia), en Ideas en Society of Economic Dynamics (University of Connecticut. EE.UU.) y en Соционет, научное информационное пространство (Moscova. Rusia)].
Ligazóns externas Catholic hierarchy Página de la Prelatura del Opus Dei Biografía de Álvaro del Portillo en la Página Oficial de Josemaría Escrivá
Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Prelados do Opus Dei Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid