A bandeira de Lesotho foi adoptada oficialmente o 4 de outubro de 2006. Está composta por tres franxas horizontais de cor azul, branca e verde cun chapeu tradicional da etnia basotho en cor negra situado no centro. Esta bandeira foi introducida en conmemoración do 40º aniversario da independencia do país, co fin de reflectir a orientación pacifista de Lesotho.
Construción A proporción da bandeira é de 2:3 e está composta por tres franxas de cor azul, branco e verde, que mantén os seus anchos en proporción 3:4:3. O gorro basotho de cor negra está no centro do panel branco cunha altura equivalente ó 92% do alto da franxa.
As cores da bandeira están identificados coas seguintes denominacións Pantone. Azul: Pantone Reflex Blue C Verde: Pantone Green 347 C
Bandeiras históricas
Outras bandeiras
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Lesotho en Flags of the World
Categoría:Símbolos de Lesotho Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1966 Categoría:Bandeiras introducidas en 1987 Categoría:Bandeiras introducidas en 2006