A bandeira nacional das Illas Salomón foi adoptada oficialmente o 18 de novembro de 1977. Está divida por unha banda de cor ouro (amarela) trazada sobre unha das súas diagonais. O triángulo superior da bandeira é de cor azul e o inferior é verde. No triángulo azul, cerca do bordo máis próximo á hasta, figuran cinco estrelas brancas de cinco puntas agrupadas.
A cor azul representa o océano que rodea as illas, a cor verde simboliza a terra, as cinco estrelas representan as cinco illas principais do país e a banda amarela é o símbolo da luz do sol.
Outras bandeiras
Véxase tamén Ligazóns externas
Illas Salomon Categoría:Símbolos das Illas Salomón Salomón, Illas