miniatura|dereita|200px|Anel de corrina, numerado segundo o estándar da IUPAC de 1975. Nótese que para que haxa coherencia co sistema de numeración da porfirina, non hai posición 20 (a porfirina ten un carbono máis). As posicións 21-24 eran numeradas como 20-23 na literatura científica anterior. miniatura|200px|Vitamina B12 (cianocobalamina). Os corrinoides son un grupo de compostos baseados no esqueleto da corrina IUPAC Gold book Corrinoid, un sistema cíclico que contén catro aneis pirrol (tetrapirrol) similar ás porfirinas. Entre estes compostos están os baseados na octadeshidrocorrina, que ten o nome común de corrol.
As cobalaminas (vitamina B12) son os membros máis coñecidos deste grupo. Outros exemplos salientables son o ácido cobirínico e a súa hexaamida ácido cobírico (ou cobirinamida) Cobyric acid Definition ; e o ácido cobínico e a súa hexaamida cobinamida; e o ácido cobámico e a cobamida.
Os compostos que conteñen o prefixo "Cob-" (e non corrina) son derivados con cobalto, e poden incluír no seu nome o seu estado de oxidación en números romanos, como, por exemplo, "Cob(II)alamina". Cando o cobalto é substituído por outro metal ou por hidróxeno, o nome cambia en consecuencia; por exemplo, ácido ferrobámico (con ferro) ou ácido hidroxenobámico (con hidróxeno).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - Corrinoids "The Nomenclature of Corrinoids" at chem.qmul.ac.uk
Categoría:Tetrapirrois Categoría:Corrinoides