Geoffrey Gurrumul Yunupingu, nado en 1970 en Galiwin'ku, Illa Elcho (Terra de Arnhem) e finado o 25 de xullo de 2017, foi un músico e cantante aborixe australiano que cantaba en lingua yolŋu.
Traxectoria Ynunupingu proviña do clan Gumatj do pobo yolngu por parte de pai e dos Galpu por parte de nai.OzArts Gurrumul Naceu con cegueira pero nunca aprendeu braille nin precisou de can guía. Yunupingu só falaba unhas poucas palabras en inglés.Aboriginal singer beats poverty and prejudice to top Australian charts Barbara McMahon, The Guardian, 17 de xullo de 2008.
Tocaba os tambores, o teclado, a guitarra e o didgeridoo. Porén é a súa voz a que atraeu as máis das críticas favorábeis e a que lle trouxo recoñecemento. Cantaba sobre historias da súa terra en varias linguas yolŋu como o Gälpu, o Gumatj ou o Djambarrpuynu, aínda que tamén tiña cancións en inglés.dB Magazine Geoffrey Gurrumul Yunipingu Estivo asociado formalmente coa banda Yothu Yindi, pero tamén colaborou coa Saltwater Band.
Discografía Álbums de estudio Gurrumul (2008) Rrakala (8 de abril de 2011)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aborixes australianos
Ligazóns externas Páxina Oficial Geoffrey Gurrumul Yunupingu – Páxina de MySpace "An Intimate Evening Performance" Video of Geoffrey Gurrumul Yunupingu performing en YouTube National Indigenous Times - Issue 151 skinnyfishmusic.com.au Skinny Fish Music - Geoffrey Gurrumul Yunupingu
Categoría:Nados no Territorio do Norte Categoría:Cantantes de Australia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2017