Demetrio Macía Castelo, nado en Viana do Bolo o 31 de marzo de 1821 e finado en 1882, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Dono do pazo de Arcos en Vilamartín de Valdeorras. Durante o Bienio Progresista foi deputado polo Partido Progresista pola provincia de Ourense. Foi elixido de novo deputado por Ourense en 1858 e formou parte da Unión Liberal pero abandonou este grupo e formou parte da minoría progresista. Foi reelixido deputado por Xinzo de Limia en 1869 e por Valdeorras en 1872 e senador pola provincia de Ourense (1881-1882). Vida persoal
Foi pai de Darío e Demetrio Macía Valcarce.
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos