O blues é un estilo musical vocal e instrumental que evolucionou dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O blues foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues, rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

Este xénero desenvolveuse a través das espirituais, cancións de oración, cancións de traballo, rimas inglesas, baladas escocesas e irlandesas narradas e berros de campo. A utilización das notas do blues e a importancia dos patróns de chamada e resposta, tanto na música como nas letras, son indicativos da herdanza africana-occidental deste xénero. Un trazo característico do blues é o uso extensivo das técnicas "expresivas" da guitarra (bend, vibrato, slide) e da harmónica (cros harp), que posteriormente influirían en solos de estilos como o rock. As cancións de blues son máis líricas que narrativas; o cantante tenta expresar sentimentos no canto de contar historias, onde polo xeral se manifestan emocións tales como a tristeza ou a melancolía, a miúdo debido a problemas no amor. Isto lógrase musicalmente, utilizando as técnicas vocais como «o melisma (soster unha soa sílaba a través de varios lanzamentos), técnicas rítmicas como a sincopación e técnicas instrumentais como afogar ou dobrar cordas de guitarra no colo ou aplicar unha coitela metálica ou colo de botella ás cordas da guitarra para crear un son de xemido».

Etimoloxía A frase the blues fai referencia aos blue devils (diaños azuis ou espíritos caídos), a depresión e a tristeza. Unha das primeiras referencias a the blues pode atoparse na farsa Blue Devils, a farce in one act (1798)O Trésor de la Langue Française informatisé ofrece esta etimoloxía para a palabra blues, sendo a comedia de George Colman a primeira obra inglesa na que aparece este termo; ver http://atilf.atilf.fr/dendien/scripts/fast.exe?mot=blues de George Colman.

Malia que a frase, na música afroamericana, poida ter un significado máis antigo testemuñouse que en 1912, en Memphis (Tennessee) o músico W. C. Handy xa utilizaba (no seu tema «Memphis Blues»The Oxford English Dictionary (segunda edición, 1989) outorga a Handy a primeira mención acerca do blues.Eric Partridge: A Dictionary of Slang and Unconventional English, 2002, Routledge (UK), ISBN 0-415-29189-5) o termo the blues para referirse a un estado de ánimo depresivo.Tony Bolden, Afro-Blue: Improvisations in African American Poetry and Culture, 2004, University of Illinois Press, ISBN 0-252-02874-0

Características principais Todas as cancións do blues presentan un momento de guitarra xa sexa longo ou curto; o canto é opcional. Os xéneros asociados ao blues comparten un pequeno número de características similares, debido a que este xénero musical adopta a súa forma das características persoais de cada artista que o interpreta.Southern, páx. 333. Con todo, existen unha serie de características que estaban presentes moito antes da creación do blues moderno.

Unha das primeiras formas de música coñecida que garda similitude co blues, correspóndese cos berros de chamada e resposta, os cales se definiron como «expresións funcionais dun estilo con acompañamento ou harmonía e afastados da formalidade de calquera estrutura musical». Unha forma deste estilo pre-blues púidose escoitar nos queixumes, ou berros de campo de escravos, os cales tomaron a forma de «cancións dun só intérprete con contido emocional».

O blues, hoxe en día, pódese definir como un xénero musical baseado tanto nunha estrutura harmónica europea como na tradición de chamada e resposta da África occidental e transformado nunha interacción entre voz e guitarra.Morais, páx 276. Morais atribúe este argumento a John Storm Roberts en Black Music of Two Worlds, comezado a súa argumentación cunha frase de Roberts: «Non parece que haxa a mesma calidade surafricana nas formas do blues como se pode apreciar que si existe na música caribeña».

Moitos dos elementos do blues, como o patrón de chamada e resposta e a utilización das notas de blues, poden atoparse nas raíces da música africana; Sylviane Diouf sinala algunhas características determinantes do blues, como son o uso de melismas e unha entoación nasal, que poden suxerir a conexión entre a música da África Occidental e o blues.SFGate O etnomusicólogo Gerhard Kubik poida que fose o primeiro en afirmar que certos elementos do blues teñen as súas raíces na música islámica da parte central e occidental de África.

Kubik tamén apuntou que a técnica Mississippi de tocar a guitarra, mediante unha coitela afiada (utilizada por W. C. Handy), corresponde a un tipo de técnica musical similar usada en certas culturas da África central e occidental. O diddley bow -o cal se pensa que foi moi común en todo o sur dos Estados Unidos durante os primeiros anos do século XX-, é unha derivación dun instrumento africano, o cal é moi probable que axudase na transferencia de técnicas nos primeiros comezos do blues.

A música blues adoptou máis adiante elementos do ethiopian airs, minstrel shows e espirituais negros, incluíndo instrumentación e acompañamento harmónico.Garofalo, páx. 44: «Gradualmente, fóronse engadindo acompañamentos instrumentais e harmónicos, reflectindo o contacto crecente entre culturas». Garofalo cita outros autores que tamén mencionan os thiopian airs e espirituais negros. O xénero tamén está relacionado co ragtime, o cal se desenvolveu pola mesma época, aínda que o blues «preservou mellor os patróns melódicos da música africana».Schuller, citado en Garofalo, páx. 27.

Cancións blues deste período, como as de Leadbelly ou as de Henry Thomas mostran unha ampla variedade de estruturas, converténdose nas máis habituais as formas musicais de doce, oito ou dezaseis compases, baseadas nos acordes tónicos, subdominantes e dominantes.Garofalo, páxs. 46-47. As raíces da que hoxe en día se coñece como a estrutura blues de doce compases, están documentadas na historia oral e nas partituras das comunidades afroamericanas que habitaban as rexións do baixo Mississippi, na rúa Beale de Memphis e nas bandas brancas de Nova Orleáns.

Letras A forma orixinal das letras de blues consistiu, probablemente, nunha única liña repetida tres veces. Máis adiante, a estrutura actual, baseada nunha única repetición dunha liña seguida por unha liña final, converteuse en estándar.Ferris, páx. 230. Estas liñas adoitaban ser cantadas seguindo un patrón máis próximo a unha conversación rítmica que a unha melodía.

Os primeiros blues, con frecuencia, tomaban a forma dunha narración a cal adoitaba transmitir mediante a voz do cantante as súas penas persoais nun mundo de crúa realidade: «un amor perdido, a crueldade dos axentes de policía, a opresión dos brancos e os tempos difíciles».Ewen, pp. 142 a 143. Gran parte dos blues máis antigos conteñen letras máis realistas a diferenza da maioría da música popular que se gravaba por aqueles tempos; por exemplo, a canción «Down in the Alley» de Memphis Minnie, trata sobre unha prostituta que mantén relacións sexuais cun home nun canellón.

Este tipo de música denominouse gut-bucket blues, un termo que facía referencia a un instrumento musical caseiro (con forma de baixo) fabricado a partir dun cubo de metal o cal era utilizado para limpar os intestinos dos porcos para preparar chinchulín (un tipo de comida que se asociaba coa escravitude). Os blues gut-bucket adoitaban ser depresivos e trataban sobre as relacións ásperas e difíciles, da mala sorte e dos malos tempos; debido a este tipo de cancións, e ás rúas onde se interpretaban, a música blues adquiriu mala reputación, chegando a ser criticada por predicadores e fregueses.

A pesar de que o blues adoitaba asociarse con miseria e opresión, tamén pode adquirir tinguiduras cómicas ou humorísticas, e en moitos casos, connotacións sexuais.

O autor Ed Morais afirma que a mitoloxía yoruba xogou un papel importante nos primeiros blues, citando o tema «Cross Road Blues» do músico Robert Johnson como unha «referencia finamente velada a Eleguá, o orisha encargado dos camiños».Morais, páx. 277. Con todo, algúns artistas prolíficos de blues, como Son House ou Skip James tiveron no seu repertorio varias cancións relixiosas cristiás ou de estilo espirituais. Reverend Gary Davis e Blind Willie Johnson son algúns exemplos de artistas que adoitan categorizarse pola súa música como músicos de blues, a pesar de que as letras das súas cancións corresponden claramente a espirituais.

Do estilo ao xénero

Durante as primeiras décadas do século XX, a música blues non estaba claramente definida en termos de progresión de acordes. Había unha gran cantidade de temas blues que utilizaban unha estrutura de oito compases, como «How Long Blues», «Trouble in Mind», e «Key to the Highway» do músico Big Bill Broonzy. Tamén se podían atopar temas blues con estrutura de dezaseis compases, como no tema instrumental de Ray Charles «Sweet 16 Bars» e no de Herbie Hancock «Watermelon Man». Tamén podían atoparse estruturas de compases menos frecuentes, como a progresión de nove compases do tema de Howlin' Wolf «Sitting on Top of the World». O desenvolvemento básico dunha composición blues de doce compases reflíctese no estándar de progresión harmónica de doce compases, nun compás de 4/4 ou (raramente) nun compás de 2/4. Os temas blues lentos adoitan tocarse nun compás de 12/8 (4 pulsos por compás, con 3 subdivisións por cada pulso).

Cara aos anos trinta, o blues cunha estrutura de doce compases estandarizouse. Os acordes blues asociados a unha estrutura blues de doce compases adoitan estar compostos normalmente por tres acordes distintos, os cales son tocados a través dun esquema de doce compases:

I7 I7 ou IV7 I7 I7 IV7 IV7 I7 I7 V7 IV7 I7 I7 ou V7

No gráfico superior, os números romanos indican os graos de progresión; no caso de que se interprete nunha tonalidade de fa, os acordes serían os seguintes:

F7 F7 ou Bb7 F7 F7 Bb7 Bb7 F7 F7 C7 Bb7 F7 F7 ou C7

No exemplo anterior, fa é o acorde tónico e si é o acorde subdominante. A maioría do tempo cada acorde é tocado dentro da estrutura de sétima dominante. Frecuentemente, o último acorde adoita ser o turnaround dominante (nos exemplos anteriores corresponde á V ou a do) creando a transición ao principio da seguinte progresión.

As letras dos temas blues xeralmente terminan no último golpe do décimo compás ou no primeiro golpe do undécimo compás, sendo os dous últimos compases un momento de ruptura instrumental; a harmonía destes compases de ruptura, o turnaround, pode ser extremadamente complexa, consistindo algunhas veces en notas soltas que modifican a análise do tema por completo. O golpe final, ao contrario que os anteriores, adoita estar case sempre situado firmemente na sétima dominante, para prover de tensión ao seguinte verso do tema.

miniatura|200px|Partitura musical de «Saint Louis Blues» composto por W. C. Handy (1914).