Ademais das reservas naturais incluídas dentro dos Parques Naturais e Nacionais, a Generalitat de Cataluña creou unha serie de reservas naturais illadas. O obxectivo destas reservas naturais é a protección puntual daquelas especies animais en perigo de extinción e así garantir a súa preservación no territorio catalán. A lontra, a fauna forestal pirinenca (coma o oso pardo ou a pita do monte) ou as aves estépicas coma a ganga son algunhas das especies obxectivo destas reservas.

Marco legal A necesidade da creación destas reservas illadas incluíuse no artigo 4 da lei 12/1985 do 13 xuño de espazos naturais. Nesta lei a Administración recoñeceu a necesidade de adoptar medidas para a protección daquelas especies máis vulnerables. Finalmente estas reservas naturais concretáronse no Decreto 123/1987 do 12 de marzo, posteriormente ampliadas coa lei 3/1998 coa creación de diversas reservas de fauna. Nestas reservas non se permite ningunha actividade que poida prexudicar a especie ou poboación pola cal se ten feito a declaración.

Lista Reservas de fauna para a protección da lontra Merlès-Lluçanès Muga-Albanyà Segre–Isòvol e Segre-Prullans La Llosa Noguera Pallaresa-Bonaigua Noguera Pallaresa-Collegats Noguera Ribagorçana-Montrebei Algars Riera de Arbúcies-Hostalric: A riera de Arbúcies é un curso fluvial que nace na parte oriental do Turó de Sesportadores, no Parque Natural do Montseny. Pasa pola vila de Arbúcies e durante 25 km percorre a comarca da Selva ata desembocar no Río Tordera. A reserva natural contempla a protección do tramo fluvial e do bosque de ribeira, onde predominan o ameneiro. En total a protección esténdese ó longo de 10 km, dende a confluencia da riera de Arbúcies coa riera de Can Horta ata o Tordera.

Reservas de fauna para a protección de aves estépicas Mas de Melons

Reservas de fauna forestal pirinenca Baish Aran Alt Àneu

Reservas de fauna para a protección de aves acuáticas Llorenç de Montgai Utxera Illa de Fluvià Desembocadura del Gaià Ribera de Flix Illes de l’Ebre Estanys de la Jonquera Torrent del Pi Illa de Canet

Reservas de fauna para a protección da tartaruga mediterránea Sant Quirze de Colera

Véxase tamén Bibliografía Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. Núm. 833 - 29.4.1987. Departament de la Presidència. DECRET 123/1987, de 12 de març, sobre declaració de reserves naturals parcials per a la protecció d’espècies animals en perill de desaparició a Catalunya. (Correcció d’errades en el DOGC núm. 859, p. 2693, de 3.7.1987) . Parcs naturals de Catalunya, Francesc Gurri Serra, Generalitat de Catalunya, Editorial 92 SA, Octubre 1997 .

Categoría:Xeografía de Cataluña Categoría:Áreas protexidas de Cataluña