Funny Games é un filme austríaco dirixido por Michael Haneke que se estreou en 1997.

Sinopse Anna, Georg e mailo seu fillo Georgie van a pasar as vacacións á súa bonita casa á beira dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes que eles. As dúas parellas quedan para xogar ó golf ó día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. De súpeto, Peter, un rapaz moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase na súa cociña para pedir que lle deixen algúns ovos porque a Eva no lle queda ningún. Deste xeito comeza un macabro xogo entre Peter e o seu amigo Paul, e a familia.

Personaxes Susanne Lothar como Anna Ulrich Mühe como Georg Arno Frisch como Paul Frank Giering como Peter Stefan Clapczynski como Georgie Doris Kunstmann como Gerda Christoph Bantzer como Fred Wolfgang Glück como Robert

Galardóns e nomeamentos 1997: Festival de Cannes: FIPRESCI. Nomeado á Palma de Ouro (mellor filme).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por Michael Haneke Categoría:Filmes ambientados en Austria Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre asasinos en serie