miniatura|250px|Unha representación gráfica dun chuchacabras. O chuchacabras (en castelán chupacabras) é o nome dun críptido lendario contemporáneo, que se describe como un ser que atacaría a animais de diferentes especies en zonas gandeiras ou rurais. O mito tivo a súa orixe na illa de Porto Rico.CNN. May 2, 2006 Consultado o 25/3/2012
Cóntase que existe en América Central e do Sur, en países como Costa Rica, México, o Perú, Ecuador, Bolivia, a Arxentina, o Brasil, Porto Rico, Honduras, Nicaragua, Colombia, Guatemala, O Salvador, Panamá, Chile, o Uruguai, Venezuela, Paraguai e nalgunhas zonas do sur dos Estados Unidos.
Descrición A descrición máis popular é que sería unha criatura relativamente pequena (de 1 m de altura ou menos), que presentaría a pel verdosa e escamenta, ollos grandes e saltóns, e cabeza ovalada.
Outros atribúenlle un rostro de can con grandes ollos e caninos (normalmente dous no maxilar superior e só un no inferior, no centro, entre os incisivos) e pernas longas, como as dun canguro.
En todos os lugares considérase perigoso para a especie humana.
As primeiras citas de avistamento déronse en Porto Rico, de individuos que presentaban a primeira descrición dada, e despois foi citado en países como Chile, México e en Texas, estado no que describiu por primeira vez coa aparencia dun cánido.
Tipos de aparencias descritas Dise que o chuchacabras aparece fundamentalmente nas seguintes formas:
Reptiliana: É a que máis comunmente se describe. Presentaría unha pel gris-verdosa, escamenta e con grosas espiñas dorsais e/o canelas agudas que corren cara a abaixo da súa parte posterior. De aproximadamente 0,9 a 1,2 m de altura, saltaría de maneira similar a un canguro.
Esta variedade dise que ten un fociño e unha cara similares ás dun can ou un puma, e unha lingua bífida, con longos cairos. Así mesmo, dise que asubía cando está alarmado, e que deixa un cheiro de xofre ao seu paso.
Mamiferoide: Esta segunda variedade tamén se erguería sobre as patas posteriores e saltaría como canguro, e tería a pel grosa con pelo facial agrisado. A cabeza sería similar á dun can, e a súa boca presentaría dentes grandes. Incluso varias testemuñas aseguran telos visto saltar máis de 50 m en liña recta, sorprendentemente sen o uso de ás ou outro medio de sustentación aerodinámico.
Quiroptoide: As testemuñas din que algúns chuchacabras estarían cubertos de pelo negro, presentarían ollos vermellos, unha cabeza ovalada e ás tipo morcego. Algunhas veces arrastraríanse a catro patas, e outras estarían ergueitos (como cans das pradarías). Serían moi rápidos, poderían gabear, e caracterizaríanse por fuxir correndo, moi lonxe, cando son descubertos.
Cánido: Presentaríanse como unha raza estraña de can salvaxe, sen pelo, cunha crista dorsal pronunciada, concas oculares infrecuentemente pronunciadas, dentes e gadoupas dun canino típico, segundo os describe Fernando Maldonado. Maldonado di que estes animais son o resultado do cruzamento entre varias especies de cans salvaxes, aínda que os entusiastas da criptozooloxía proclaman que pode ser que sexan individuos dunha especie dun réptil extinto similar a un can. Un caso dun suposto cadáver de chuchacabras que foi encontrado en Nicaragua en 2002 apoia a conclusión de que é simplemente unha estraña caste de can salvaxe. O devandito cadáver do animal foi encontrado en Tolapa, Nicaragua, e fíxoselle unha análise forense na Universidade de León (Nicaragua). Patólogos da Universidade encontraron que tan só era un can, porén era un exemplar infrecuente. Debe mencionarse que existen diferenzas morfolóxicas moi rechamantes entre as diversas castes de cans (das que descenden os cans asilvestrados) que explican facilmente as estrañas características de tales animais.
Características dos ataques Os animais mortos, presuntamente, polo ataque dun chuchacabras, non terían sangue nos seus corpos, e presentarían como feridas dous buratos que serían os dos dentes; a diferenza doutros depredadores que, na súa maioría, despezan o cadáver. O normal é que ningún animal reaccione alarmado ou presente algún tipo de resistencia. Os donos do gando usualmente no relatan ruídos estraños, e nin sequera ladridos de cans gardiáns dos seus animais. Aínda máis, os cans ao seren observados posteriormente, reaccionan de forma moi estraña e, nalgúns casos, asustados. Dise comunmente que non quedan pegadas do animal atacante ou, se has hai, son escasas, e semellantes ás dun cánido de gran tamaño, algunhas das cales presentan un prolongamento en forma de calcaño. Estas pegadas encóntranse a diferentes distancias (de 4 a 5 m), indicando que posuirían unha grande habilidade para saltar. Comunmente non hai testemuñas directas dos ataques (por iso dise que é un mito).
A maioría dos ataques que corresponden a estas características resultan normalmente resultan corresponder a ataques dalgún tipo de animal nativo ou introducido na zona do ataque (é o caso dos ratos fociñudos como o rato fociñudo avermellado que atacarían aos animais pequenos), a dos cans asilvestrados, aos grandes, ou ben a ataques falsos de orixe humana, normalmente para facerse famosos.
Similitudes con outras lendas Noutras partes do mundo hai culturas que teñen lendas con características semellantes á do chuchacabras.
Home-mosquito: algúns nativos suramericanos da selva tropical cren na existencia do "home-mosquito", unha criatura mítica do seu folclore anterior aos "avistamentos" do chuchacabras moderno. O "home-mosquito" succiona o sangue de animais co seu longo nariz, como un gran mosquito. Piuchén: en Chile, o pobo mapuche cre na existencia do "piuchén", do que se di que nalgunhas ocasións petrificaría ás súas vítimas coa mirada, para despois chucharlles o sangue. Suponse que parecería unha serpe de gran tamaño, con ás de morcego e plumas de ave no seu corpo, e ademais tería unha cabeza similar á dun morcego. Outros: as comunidades atacameñas, residentes no Deserto de Atacama, desde tempos ancestrais xa crían nunha gran cantidade de seres con características "tipo chuchacabras" chamadas achaches, umpillay, quilpaná, zampaxibas, choleles, xentilares, pachachos etc.
Outras criaturas míticas similares Entre outros seres lendarios con características similares ao chuchacabras son o Demo de Jersey e Mothman, de Virxinia Occidental, ademais dos xa coñecidos vampiros.
As diferentes teorías do fenómeno
Explicacións sobrenaturais a favor Todas as supostas testemuñas do fenómeno afirman que os ollos do chuchacabras teñen a capacidade de hipnotizar e de paralizar ás súas presas para atordalas, o que permitiría que o chuchacabras chuche o sangue do animal no seu letargo. O efecto sería similar ao dunha araña que paraliza á súa presa con veleno.
Outra visión: se os responsábeis son seres humanos, aínda non se logrou identificar o instrumento cirúrxico utilizado nos ataques, o que fai que os partidarios da súa existencia indiquen que tería que descartarse a posibilidade de que o responsábel directo sexa o home, como tampouco outro depredador pertencente á fauna silvestre, xa que se di que as incisións estarían producidas por algo que nada coñecido pode realizar.
Explicacións naturais en contra As mortes dos animais poden ser facilmente producidas por adoradores de certas seitas relixiosas ou individuos que presentan enfermidades mentais.
O fenómeno do chuchacabras é produto da histeria colectiva, mentres que outros pensan que esta é unha pobre explicación sobre as mortes de animais que resultan de ataques inexplicábeis.
Os ataques a animais pequenos presentan bastantes características que corresponderían a ataques de animais como os ratos fociñudos pertencentes ao xénero Oxymycterus.
Ningún estudo científico serio probou a total falta de sangue nos animais mortos. O pelo que se recolleu en lugares de supostos ataques, e que foi sometido a probas de ADN (ademais de pegadas identificadas cerca das zonas de ataque de animais), indican que o ataque se levou a cabo por animais, sendo na maioría dos casos obra de cans. De feito, en Porto Rico, onde se orixinou o fenómeno en 1992, os investigadores Edwin Veláquez (zoólogo), Andrew Álvarez (antropólogo) e Gustavo Adolfo Rodríguez (ecólogo), ofreceron publicamente, a finais da década dos anos 1990, unha recompensa de 15.000 dólares á persoa que lles proporcionara algún tipo de evidencia física, como pelos, saliva, excrementos etc., recollida nalgún lugar de Porto Rico onde ocorrera un suposto ataque, e que, despois de ser examinada baixo o rigor de probas de ADN, se concluíra que o depredador causante das mortes era unha criatura descoñecida para a ciencia. Nunca se someteu ningunha evidencia requirida, e a recompensa tampouco non se reclamou nunca.
En Chile, tras unha investigación demostrouse que, a pesar de todas as opinións e versións de persoas "expertas" no tema, as evidencias apuntaban claramente a cans,Nunca fue el chupacabras, fueron ataques de perros Mercurio de Calama, mércores 13 de maio de 2009. Consultada o 25/3/2012. sen que existira o menor indicio ou proba de algo sobrenatural. Tamén se demostrou que algúns dos ataques tiñan orixe humana.
Investigacións Unha nova investigación realizada por Benjamin Radford chegou á conclusión de que a descrición dada pola testemuña orixinal en Porto Rico, Madelyne Tolentino, baseouse na criatura Sil do filme de ciencia ficción Species.Radford, Benjamin (2011): Tracking the Chupacabra: The Vampire Beast in Fact, Fiction and Folklore. ISBN 978-0-8263-5015-2 A criatura Sil é case idéntica á descrición de Tolentino sobre o chuchacabras e esta señora vira a película antes do seu informe: "Era unha criatura que se parecía ao chuchacabras, con espiñas nas costas e todo... A semellanza co chuchacabras era realmente impresionante", informou Corrales.Corrales, Scott: Chupacabras: And Other Mysteries. ISBN 1-883729-06-8 Radford concluíu que "a descrición máis importante do chuchacabras non é fiábel". Este problema afecta seriamente á credibilidade do chuchacabras como unha verdadeira criatura.Radford, Benjamin: "Slaying the Vampire: Solving the Chupacabra Mystery", Skeptical Inquirer, Vol. 35, Nº 3, maio/xuño 2011, páxs. 45-48.
Ademais os informes de que ás vítimas lles chuchara o sangue o chuchacabras nunca foron confirmados por unha necropsia, a única maneira de chegar á conclusión de que ao animal se lle drenou o sangue. Unha análise realizada por un veterinario a 300 supostas vítimas do chuchacabras encontrou que non foran desangradas. Parece que as testemuñas confundiron a falta de sangue na zona cunha extracción do sangue, cando puido ocorrer simplemente que o animal que atacou á vítima non lle trabou unha arteria principal, ou que se desangrou internamente.
Radford dividiu os informes do chuchacabras en dúas categorías:
Os informes de Porto Rico e Latinoamérica, onde os animais eran atacados e, supostamente, se lles extraía o sangue. Os informes de Estados Unidos, onde a moitos mamíferos, a maioría cans e coiotes con sarna, a xente os chama chuchacabras debido ao seu aspecto estraño.
A finais de outubro de 2010, o biólogo Barry O'Connor, da Universidade de Míchigan, chegou á conclusión de que todos os informes dos chuchacabras nos Estados Unidos eran realmente de coiotes infectados polo parasito da sarna Sarcoptes scabiei, que presentan síntomas que poderían explicar a maior parte das características do chuchacabras: quedábanse con pouca pelaxe, presentaban engrosamento da pel e despedían intenso cheiro. O'Connor determinou que os ataques producíronse "porque estes animais están moi debilitados, polo que van ter moita dificultade para a caza, así que poden verse obrigados a atacar o gando porque é máis fácil que cazar un coello ou un cervato".