Carlos Abraira Cela, nado en Buenos Aires o 25 de marzo de 1936 e finado en Miami (Florida) o 18 de febreiro de 2017,Obituario foi un médico e galeguista da Arxentina.
Traxectoria miniatura|300px|Ramón Otero Pedrayo e os membros das Mocidades Galeguistas de Buenos Aires en 1959. Fillo do dirixente galeguista na emigración José Benito Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, membro do consello de redacción do periódico Adiante (1954-1955) e un dos promotores da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Licenciado en Medicina pola Universidade de Buenos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. Foi profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Colaborador na prensa galeguista de Buenos Aires. En 1999 trasladouse a Miami e foi profesor de Medicina na Universidade de Miami.
Obras Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas, 1961. Vida persoal
Casou en Buenos Aires con Rosa María Saffier o 11 de xullo de 1963.Opinión Gallega, 208, xuño-agosto-1963, p. 3. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista ezaroediciones.com
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2017