O funcionamento da política de Ecuador aparece recollido na constitución de Ecuador, cun mandato de 4 anos para a presidencia, a vicepresidencia e para os membros do Congreso Nacional Ecuatoriano. O cargo da presidencia pode reelixirse, pero non para o mandato inmediatamente seguinte. Para votar é necesario ter máis de 18 anos, e o sufraxio é universal e obrigatorio dos 18 os 65 anos, e facultativo para quen ten máis de 65.
Os gobernos provinciais e municipais, e os lexislativos provinciais e municipais son directamente elixidos. O congreso funciona o ano enteiro, excepto nos recesos, en xullo e decembro.
Poder executivo O presidente e o vicepresidente son elixidos na mesma elección polo voto popular para un período de 4 anos, sen reelección. O poder executivo inclúe aínda 15 ministerios, e os ministros son nomeados directamente polo presidente da república.
Poder lexislativo Ecuador ten un congreso unicameral (non existe a figura do senado) formado por 100 membros, elixidos directamente polo voto popular nas provincias, para un período de 4 anos. Ecuador é dividido en 22 provincias, subdivididas en municipios. Tanto as provincias como os municipios teñen os seus lexislativos locais.
Poder xudicial A Suprema Corte de Ecuador está composta de 31 xuíces. O país non acepta xurisdición compulsoria da Tribunal Internacional de Xustiza. Os novos membros da "Suprema Corte" son escollidos polos membros actuais da corte. Hai tamén unha corte electoral e unha corte constitucional. Nunha crise política en 2004, membros da corte electoral e da corte constitucional foron substituídos polo congreso. En 2005, foi a vez do congreso substituír 27 dos 31 xuíces da "Suprema Corte".
Categoría:Ecuador Categoría:Política por país