Insomniac é o cuarto álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 10 de outubro de 1995 a través do selo Reprise Records. Aínda que chegou ao número 2 nos Estados Unidos e foi dobre platino en 1996, Insomniac non tivo as mesmas vendas que o seu predecesor, Dookie, en gran parte debido ao seu tóno lírico lixeiramente máis escuro e ao seu son máis abrasivo. Insomniac é o terceiro álbum da banda máis vendido, despois de Dookie e American Idiot, con vendas por riba dos 8 millóns de copias en todo o mundo, dos cales 2 vendéronse só nos Estados Unidos. O traballo foi re-editado en vinilo o 12 de maio do 2009. Inicialmente ía ser chamado "Tight Wad Hill", polo corte 13, pero finalmente bautizouse como "Insomniac" cando Armstrong preguntoulle ao artista Winston Smith, encargado das ilustracións do álbum.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Green Day Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums de Reprise Records Categoría:Álbums producidos por Rob Cavallo