Heat Capacity Mapping Mission, tamén coñecido polo seu acrónimo HCMM, como Explorer 58 e como AEM-A (Applications Explorer Missions-A), foi un satélite científico da NASA lanzado o 26 de abril de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout F.
Características A misión de HCMM foi facer unha exploración térmica precisa e a alta resolución da superficie terrestre. O satélite constaba de dous módulos:
o módulo instrumental, que contiña o radiómetro e o seu soporte. o módulo base, co sistema de control, comunicacións, alimentación e comando.
HCMM estabilizábase mediante xiro, a unhas 14 revolucións por minuto, e foi inxectado nunha órbita heliosincrónica de 558 km de perixeo, 639 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 97,6 graos e un período de 96,7 minutos. ideada para medir temperaturas superficiais cerca do máximo e o mínimo do ciclo diúrno.
O satélite non tiña capacidade de almacenamento de datos, polo que tiñan que emitirse e recibirse en tempo real nalgunha das sete estacións terrestres con capacidade para iso. O ciclo de repetición da comunicación coas estacións era de 16 días.
Entre o 21 e o 23 de febreiro de 1981 a órbita de HCMM foi baixada de 620 km a 540 km para evita-lo desplazamento do plano orbital a ángulos solares pouco favorables para os paneis solares. A misión finalizou o 30 de setembro de 1980.
Resultados Os datos de HCMM foron utilizados, entre outras cousas, para facer unha análise cuantitativa e construír un modelo de simulación de comportamento do solo respecto da auga con potencial uso en agricultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Produtos de datos da misión HCMM no USGS
Categoría:Programa Explorer