Tangled é un filme estadounidense de animación dos estudios Disney, dirixido por Nathan Greno e Byron Howard e estreado no 2010. O filme é a 50ª animación do estudio, e é levemente baseado no conto de fadas alemán Rapunzel, dos Irmáns Grimm. Estreouse en Galiza en 2010 en castelán co título Enredados (Entrelaçados en Portugal).

Sinopse Flynn Rider, o máis buscado e encantador bandido do reino, agóchase nunha misteriosa torre e alí atópase con Rapunzel, unha fermosa e espelida rapaza cun cabelo dourado de 21 metros de longo, que vive encerrada alí dende fai anos. A partir do intre en que se coñecen vivirán emocionantes aventuras en compaña dun cabalo policía, un camaleón sobreprotector e un grupo de matóns.

Produción Tangled estivo en produción durante seis anos, custando máis de 260 millóns de dólares.. Orixinalmente anunciouse en abril de 2007 que Dean Wellins ía codirixir o filme xunto con Glen Keane. pero o 9 de outubro de 2008 anunciouse que ían ser substituídos por Byron Howard e Nathan Greno, que xa colaboraran no filme de 2008 Bolt. Keane permaneceu como un produtor executivo e supervisor da animación, mentres Wellins quedaba fóra da produción.

Personaxes Mandy Moore como Rapunzel Zachary Levi como Eugene "Flynn Rider" Fitzherbert Donna Murphy como Gothel Brad Garrett como Hook-Hand Thug Ron Perlman como Os irmáns Stabbington Jeffrey Tambor como Big Nose Thug Richard Kiel como Vladamir M. C. Gainey como Capitán da garda Paul F. Tompkins como Short Thug Tom Kenny como Garda Tim Brooke-Taylor como Home Vello Maurice Dean Wint como Paulo Frank Welker como Pascal e Maximus Delaney Rose Stein como Rapunzel de nena

Galardóns e nomeamentos 2010: Oscars: 1 Nomeamento: Mellor canción. 2010: Premios Annie: 2 nomeamentos, incluíndo Mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Byron Howard Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes baseados en Rapunzel Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX