Albert Riera Ortega, nado en Manacor o 15 de abril de 1982, é un futbolista español que xoga na demarcación de interior esquerdo.
Traxectoria Comezou a súa carreira no RCD Mallorca, onde xogou ata o ano 2003. No verán dese mesmo ano, Riera fichou polo Girondins de Bordeaux, onde foi titular nas dúas primeiras tempadas. Xogou máis de 50 partidos para o equipo francés, e anotou 4 goles.
Riera volveu a España no ano 2005, cando fichou polo RCD Espanyol.Riera wings into Espanyol; UEFA, 7 de xullo de 2005 Na súa primeira tempada xogou só oito partidos, antes de ser cedido ao Manchester City en xaneiro de 2006,City tempt Riera to England ; UEFA, 5 January 2006, onde tampouco foi capaz de asentarse no once titular. Volveu ao Espanyol ao remate da tempada 2006-07.
O 1 de setembro de 2008, fichou polo Liverpool FC a cambio de 8 millóns de libras, e asinou co club inglés un contrato de catro anos. Ata a súa marcha no ano 2010, xogou 40 partidos e anotou 3 goles. Foise o 23 de xullo ao Olympiakos FC, fichando por catro anos co club grego.
O 3 de setembro de 2011, Riera fichou polo Galatasaray S.K. da Superliga de Turquía a cambio de 3 millóns de euros, asinando un contrato por 4 anos.Riera Joins GalatasarayBilgi: Albert Riera Ortega
Selección de España Riera fixo o seu debut coa selección española o 13 de outubro de 2007, nun partido correspondente á clasificación para a Eurocopa de 2008 contra Dinamarca. Saíu dende o banco e anotou un gol na vitoria de España por 3-1. Porén, non foi seleccionado para disputar a Eurocopa, onde a súa selección gañou o campionato.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiRCD MallorcaEspaña2003Copa do ReiRCD EspanyolEspaña2006Superliga de GreciaOlympiakos FCGrecia2011
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbol.sportec.es
Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores do Galatasaray SK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Nados en Manacor Categoría:Nados en 1982 Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Xogadores do Watford FC