San Miguel de Duxame é unha parroquia do concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 66 habitantes (36 mulleres e 30 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.

Xeografía Está situada ao N-NW da capital, cunha orografía relativamente plana con lixeira inclinación orientada ao sur.

Patrimonio Igrexa Data do século XVIII. A planta e unha cruz grega dunha soa nave e dúas ábsidas. A cuberta e unha bóveda de canón. A porta principal está formada a base de arquivoltas tóricas en medio punto peraltado. A torre do campanario é de tres corpos, e o presbiterio está debaixo dunha bóveda de canón que apoia nun arco de medio punto peraltado.

A igrexa foi unha doazón de Domingo Antonio Otero Bermúdez de Soutomaior nado na casa grande de Duxame e nese momento alguacil da cidade de Manila. Tamén foi doada por esta familia a imaxe do San Miguel feito en marfil e desaparecido no 1977.

Arquitectura civil Duxame conta cun pazo procedente dos Otero, coñecido como Casa de Outeiro ou Casa Grande de Duxame.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Duxame

Parroquias de Vila de Cruces

Notas

Véxase tamén Bibliografía Diccionario Hispano de Apellidos. Tomo III

Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel