Clara Janés Nadal, nada en Barcelona o 6 de novembro de 1940, é unha polifacética poeta e tradutora catalá. En 1997 recibiu o Premio Nacional á obra dun tradutor polas súas numerosas traducións de autores centroeuropeos e orientais.
Traxectoria Clara Janés estudou en Barcelona e en Pamplona a carreira de Filosofía e Letras, na que é licenciada. Tamén é Maître ès lettres pola universidade de París IV Sorbona, en literatura comparada.
Cultiva a poesía, a novela, a biografía e o ensaio e distínguese como tradutora, particularmente da lingua checa e da obra poética de Vladimír Holan e Jaroslav Seifert. Verteu tamén ao español a Marguerite Duras, Nathalie Sarraute, Katherine Mansfield e William Golding e, en colaboración con coñecedores das súas linguas, a poetas turcos e persas, tanto modernos como místicos antigos. En 1992 concédeselle o Premio da Fundación Tutav, de Turquía, polo seu labor de difusión da poesía turca en España. En 1997, o Premio Nacional de Tradución polo conxunto da súa obra. No ano 2000 recibe a Medalla do Mérito de Primeira categoría da República checa polo seu labor como tradutora e difusora da literatura de dito país, no ano 2007 recibe o X Premio Nacional das Letras "Teresa de Ávila".
Desde 1983 participa en encontros literarios nacionais e internacionais. A súa poesía foi traducida a vinte idiomas. Dirixe a colección Poesía del Oriente y del Mediterráneo, na que publicou a poetas como Yunus Emre, Sohrab Sepehrí, Adonis, Halas, Holan, Nezval, Orten, Seifert, Ilhan Berk, Yalal ud-Din Rumi, Odiseas Elitis, António Ramos Rosa, Wang Wei, Nâzim Hikmet, Nichita Stanescu, Du Fu, Johannes Bobrowski, Hafez, Mansur Hallay, Mahmud Darwish, Sujata Bhatt, Forugh Farrojzad, Abbas Kiarostami, Al-Mutanabbi, Safo, Rilke...
O xurado do XIV Certame Internacional de Poesía “Ciudad de Torrevieja” decidiu por unanimidade outorgar o galardón a Clara Janés polo seu poemario Río hacia la nada (2010).
En outubro de 2011, un xurado formado por Francisco Pino Jiménez, Jenaro Talens, Cristóbal Gabarrón, Carlos Aganzo e Antonio Piedra outorgoulle a Clara Janés o máximo galardón na primeira edición do Premio de Poesía Experimental Francisco Pino pola súa obra Movimientos Insomnes, da que o xurado do certame valorou a súa "orixinalidade" e "forza poética indubidable", mentres que La textura del aire, de Eduardo Fraile, e Incluso sin palabras, de Javier Dámaso, levaron o primeiro e o segundo accésit, respectivamente.
Obra Isla del suicidio. Poesía. Las estrellas vencidas, 1964. Poesía. La noche de Abel Micheli, 1965. Novela. Desintegración, 1969. Novela. La vida callada de Federico Monpou, 1972. Biografía. Tentativa de encuentro y tentativa de olvido, 1972. Límite humano, 1973. Poesía. Aprender a envejecer, 1973. Ensaio. Poemas Rumanos, 1973. Poesía. En busca de Cordelia y Poemas rumanos, 1975. Poesía. Cartas a Adriana, 1976. Novela. Antología personal (1959-1979)., 1979. Poesía. Libro de alienaciones, 1980. Poesía. Sendas de Rumanía, 1981. Novela. Eros, 1981. Poesía. Pureza canelo, 1981. Biografía. Tentativa de olvido, 1982. Contos. Roig, Montserrat. Before the civil war, 1982. Contos. Pessarrodona, Marta. La búsqueda de Elizabeth, 1982. Contos. Vivir, 1983. Poesía. Fósiles, 1985. Poesía. Kampa: poesía, música y voz, 1986. Poesía. Las primeras poetisas en lengua castellana, 1986. Poesía. Federico Mompou: vida, textos y documentos, 1987. Ensaio. Lapidario, 1988. Poesía. Creciente fértil, 1989. Poesía. Los caballos del sueño, 1989. Novela. Jardín y laberinto, 1990. Biografía. Esbozos, 1990. Poesía. El hombre de Adén, 1991. Novela. Emblemas, 1991. Poesía. Espejismos, 1991. Novela. Las palabras de la tribu: escritura y habla, 1993. Ensaio. Rosas de fuego, 1996. Poesía. Cirlot, el no mundo y la poesía imaginal, 1996. Ensaio. Diván del ópalo de fuego, 1996. Poesía. Espejos de agua, 1997. Contos. El persa. Cuento. Contos. Arcángel de sombra, 2000. Poesía. Los secretos del bosque, 2002, Visor. Poesía. La voz de Ofelia, 2005, Siruela. Autobiografía. Poesía amorosa y erótica, Editorial Vaso Roto, 2010. Vilanos, 2004. AdamaRamada. Poesía. Huellas sobre una corteza 2004, Cuadernos del Mediterráneo, Ediciones El Toro de Barro. Poesía. El espejo de la noche, centenario de Vladimir Holan, 2005. Ensaio. Brancusi, 2005. Poesía. Espacios traslúcidos, 2007. Editorial Casariego. Poesía. La indetenible quietud. En torno a Eduardo Chillida, 2008. Editorial Siruela. Poesía. Las voces acalladas de las mujeres. www.adamaramada.org Colección: Pliegos adamar , 2008. Río hacia la nada, 2010, Plaza & Janés. Poesía. Variables ocultas, Editorial Vaso Roto, 2010, poesía. Peregrinaje, Editorial Salto de página, 2011, poesía. De la realidad y la poesía. Tres conversaciones y un poema''. Con Antonio Gamoneda e Mohsen Emadí, editorial Vaso Roto, 2010.
Véxase tamén Ligazóns externas Clara Janés gana el I Premio de Poesía Experimental Francisco Pino
Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Tradutores de España Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1940 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes