Explorer 19, tamén denominado AD-A (Air Density A), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie de satélites Air Density lanzado o 19 de decembro de 1963 desde Point Arguello a bordo dun foguete Scout X-4.

Características Explorer 19 foi o segundo dunha serie de satélites inflables esféricos de 3,66 metros de diámetro adicados a determinar a densidade da atmosfera superior. Foi inxectado nunha órbita inicial de 2399 km de apoxeo e 590 km de perixeo cun período de 115,9 minutos e unha inclinación orbital de 78,61 graos.

O satélite foi lanzado mentres o primeiro satélite da serie, Explorer 9, estaba aínda en órbita, polo que se puideron mostrear as densidades de dúas partes diferentes da atmosfera ao mesmo tempo. A esfera do satélite estaba formada capas alternas de aluminio e mylar. Sobre a capa externa, de aluminio, había círculos brancos de 5,1 cm de diámetro para o control térmico.

Os dous hemisferios de aluminio da capa exterior da esfera estaban separados por unha banda ecuatorial de mylar que servía como antena para a baliza que emitía a 136,620 MHz de frecuencia usada para o seguimento do satélite. O satélite alcanzou órbita, pero cun apoxeo inferior ao programado. A potencia de emisión da baliza foi inferior ó necesario para o seu seguimento desde terra, polo que o seguimento tivo que facerse por medios ópticos. A alimentación eléctrica era proporcionada por catro células solares que alimentaban baterías recargables.

Explorer 19 reentrou na atmosfera o 10 de maio de 1981.

Resultados Explorer 19 axudou a determinar a variación en densidade entre o lado diúrno e nocturno da Terra e deu lugar a estudos sobre os efectos perturbatorios da radiación solar e da actividade solar nos satélites e o efecto do arrastre do helio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Air Density (satélites) Explorer 9 Explorer 24 Explorer 39

Ligazóns externas Información filatélica sobre os satélites da serie Explorer NASA FACTS - EXPLORER XIX

Categoría:Programa Explorer