O Gran Premio de Mónaco de 1955 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Mónaco o 22 de maio de 1955. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de e déuselle o nome honorario de, Gran Premio de Europa.Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 12, p.1383.

Resumo

Stirling Moss fora contratado por Mercedes para a nova tempada e Maserati substituíndo a Jean Behra. As Frechas de Prata de Fangio e Moss dominaron ata metade da carreira, seguidos por Ascari e Castellotti. Na metade do percorrido, Fangio retirouse con problemas de transmisión,Kettlewell, p.1383. dando o liderado a Moss. Con case unha volta por diante, a vitoria parecía segura para Moss pero terminou na volta 80 cando o seu motor Bens explotou. O novo líder Ascari equivocouse na chicane que sae do túnel, e o seu Lancia chocou contra as barreiras no porto e tivo que nadar para salvarse. Maurice Trintignant, nun Ferrari 625, pouco competitivo, herdou o liderado e logrou a súa primeira vitoria na Fórmula 1.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 44 Maurice Trintignant Ferrari 100 2:58:09.8 9 8 2 30 Eugenio Castellotti Lancia 100 +20.2 secs 4 6 3 34 Jean Behra Cesare Perdisa Maserati 99 +1 volta 5 22 4 42 Nino Farina Ferrari 99 +1 volta 14 3 5 28 Luigi Villoresi Lancia 99 +1 volta 7 2 6 32 Louis Chiron Lancia 95 +5 voltas 19 7 10 Jacques Pollet Gordini 91 +9 voltas 20 8 48 Piero Taruffi Paul Frère Ferrari 86 +14 voltas 15 9 6 Stirling Moss Mercedes 81 +19 voltas 3 Ret 40 Cesare Perdisa Jean Behra Maserati 86 Tromp 11 Ret 26 Alberto Ascari Lancia 80 Accidente 2 Ret 46 Harry Schell Ferrari 68 Motor 18 Ret 36 Roberto Mieres Maserati 64 Transmisión 6 Ret 12 Élie Bayol Gordini 63 Transmisión 16 Ret 2 Juan Manuel Fangio Mercedes 49 Transmisión 1 1 Ret 8 Robert Manzon Gordini 38 Caixa cambios 13 Ret 4 André Simon Mercedes 24 Motor 10 Ret 18 Mike Hawthorn Vanwall 22 Acelerador 12 Ret 14 Louis Rosier Maserati 8 Fuga combustible 17 Ret 38 Luigi Musso Maserati 7 Transmisión 8 NSC 22 Lance Macklin Maserati NSC 24 Ted Whiteaway HWM-Alta NSC 4 Hans Herrmann Mercedes Piloto lesionado

Líderes Juan Manuel Fangio, Stirling Moss, e Maurice Trintignant.

Unidades compartidas

Coche 34: Jean Behra (42 voltas) e César Perdisa (57 voltas). Eles compartiron os 4 puntos do terceiro lugar. Coche 48: Piero Taruffi (50 voltas) e Paul Frère (36 voltas). Coche 40: César Perdisa (40 voltas) e Jean Behra (46 voltas).

Sumario

Juan Manuel Fangio rompeu a marca de pista que se mantiña desde 1937, cando Rudolf Caracciola completou unha volta en 1:46.5 nun Mercedes W125 de 5.6 litros, recorrendo o circuíto de 1:41.1 na primeira xornada de adestramentos no seu Mercedes W196. Alberto Ascari igualou o tempo de Fangio no seu Lancia D50 durante a práctica do sábado, aínda que a orde estableceuse o primeiro día de prácticas nunha singular excepción á política da época de todas as voltas de práctica contaban para a posición na grella. Na práctica, o novisimo Hans Herrmann de Mercedes, estrelouse contra un muro do porto e sufriu feridas que arrastrou durante o resto da tempada. Ascari pilotaba o coche número 26, o mesmo número que levaba no Alfa Romeo P2 o seu pai, Antonio Ascari, cando morreu no 26 de xullo de 1925 no Gran Premio de Francia. O supersticioso Ascari estaba entre os pilotos de Mercedes Fangio e Stirling Moss cos números 2 e 6, respectivamente. André Simon foi o primeiro Mercedes en abandonar na carreira, cando un fallo no motor sacouno da carreira. O Mercedes de Fangio foi o seguinte en abandonar a carreira con problemas de transmisión na volta 50, deixando a Stirling Moss na primeira posición e a Ascari na segunda. A volta 80 viu a Moss afectado por un problema menor no sofisticado tren de valvulas do seu coche, deixando a Ascari en primeiro lugar. Con todo, el nunca chegou máis aló dos boxes, o seu Lancia non fixo a chicane (posiblemente perdeu a tracción no aceite deramado polo motor de Moss) e saltou a barreira no porto. O seu Lancia foi sacado da auga polo guindastre a 25 pés de profundidade, mentres que el pasou a noite no hospital. Os acontecementos posteriores indican que probablemente debería facer caso das súas supersticións e tomar isto como un presaxio, pero a súa motivación non o deixou abandonar e catro días máis tarde estaba de volta na cabina do piloto en Monza, onde morreu nun estraño accidente mentres probaba un Ferrari. O día 26 do mes. Non hai explicacións definitivas para calquera dos accidentes de Ascari, pero o incidente de Monza foi, ademais de posibles lesións cerebrais non detectados despois do accidente, probablemente causado por un pneumático de tamaño inadecuado - 7.00x16 en lugar de 6.50x16 - en combinación cunha superficie da pista imperfecta. Mercedes tampouco viu o último dos seus problemas, logo de que os tres coches abandonasen a contenda con problemas mecánicos en Mónaco, o peor accidente na historia das carreiras involucrou a Mercedes. Louis Chiron converteuse no piloto de maior idade en empezar un gran premio (55 anos, 292 días).

Posicións logo da carreira Pos Piloto Puntos 1 Maurice Trintignant 11.33 2 Juan Manuel Fangio 10 3 Nino Farina 6.33 4 Eugenio Castellotti 6 5 José Froilán González 2 Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles, Volume 12, pp. 1381-4. Londres: Orbis, 1974.

Ligazóns externas

Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1955