George William Samuel Abbey, nado o 21 de agosto de 1932 e finado o 24 de marzo de 2024, foi un enxeñeiro estadounidense que foi xefe de operacións dos transbordadores espaciais e da selección de astronautas no período entre 1976 e 2003.
Biografía George Abbey naceu en Seattle (Washington) o 21 de agosto de 1932. Graduouse na Academia Naval dos Estados Unidos en 1954 e serviu na Forza Aérea, acumulando 4000 horas de voo. Acadou un máster en enxeñería eléctrica no Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1959 e comezou a traballar para a NASA en 1964 como capitán da Forza Aérea asignado ó programa Apolo. Deixou a Forza Aérea en decembro de 1967, sendo nomeado axudante técnico do director da NASA en Houston. Recibiu a Medalla da Liberdade polo seu traballo durante o incidente do Apollo 13 e en xaneiro de 1976 foi nomeado director de operacións de voo. En 1983 foi nomeado director de operacións da tripulación de voo. En marzo de 1988 pasou a ser Administrador Asociado de Voos Espaciais e en xullo de 1990 foi seleccionado como axudante de operacións. Trala elección de Daniel Goldin como administrador da NASA en 1992, Abbey foi elixido como Asistente Especial do Administrador e en 1994 foi enviado a Houston como Subdirector para pasar a ser nomeado Director en 1996. En febreiro de 2001 foi nomeado Asistente Sénior para Asuntos Internacionais. Retirouse o 3 de xaneiro de 2003, falecendo o 24 de marzo de 2024.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Seattle, Washington