Little Giants é un filme estadounidense dirixido por Duwayne Dunham que se estreou en 1994.
Sinopse Danny O´Shea sempre viviu á sombra do seu irmán, o gran xogador de fútbol americano Kevin O´Shea. Kevin sempre foi máis grande, máis forte, máis rápido e máis popular. Despois dunha brillante carreira, Kevin volve coa súa familia ó seu pobo natal, onde organiza unha liga infantil de fútbol. Porén, a pesar que a súa sobriña (a filla de Danny) é a mellor xogadora, non a selecciona para o equipo representante do pobo. Cando se decata de que a súa filla foi rexeitada, Danny reunirá a un fato dos máis frouxos e zoupóns do lugar para ensinarlle unha lección ó seu irmán.
Personaxes Rick Moranis como Danny O'Shea Ed O'Neill como Kevin O'Shea Shawna Waldron como Becky "Icebox" O'Shea Susanna Thompson como Patty Floyd Devon Sawa como Junior Floyd Brian Haley como Mike Hammersmith Sam Horrigan como Spike Hammersmith Frank Carl Fisher Jr. como Patterson Mary Ellen Trainor como Karen O'Shea Courtney Peldon como Debbie O'Shea Alexa Vega como Priscilla O'Shea Todd Bosley como Jake Berman Matthew McCurley como Nubie Joey Simmirin como Sean Murphy Jon Paul Steuer como Johnny Vennaro Troy Simmons como Hanon Marcus Toji como Marcus
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Duwayne Dunham Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Ohio