1770 (MDCCLXX) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos África 14 de novembro - O escocés James Bruce chega ás fontes do río Nilo Azul. Oceanía Exploración por parte de James Cook da costa australiana, fundando a cidade de Sidney.
Ciencia e tecnoloxía 23 de febreiro - Comeza a formarse o volcán Izalco no Salvador, que na actualidade ten 1.885 metros de altitude.
Nacementos 20 de marzo - Friedrich Hölderlin, poeta alemán. 7 de abril - William Wordsworth, poeta inglés. 3 de xuño - Manuel Belgrano, avogado, político e militar arxentino. 27 de agosto - Georg Wilhelm Friedrich Hegel, filósofo alemán. 25 de outubro - Xosé Rodríguez González, científico e político galego (m. 1824). 2 de decembro - Pedro María de Cisneros, nobre e político galego. 17 de decembro - Bautismo de Ludwig van Beethoven, compositor alemán.
Mortes 27 de marzo - Giambattista Tiepolo, pintor italiano (n. 1696). 30 de maio - François Boucher, pintor francés (n. 1703). 24 de agosto - Thomas Chatterton, poeta inglés, por suicidio. Lucas Ferro Caaveiro, arquitecto galego.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1770