A Ligue 2, coñecida como Domino's Ligue 2 por motivos de patrocinio, é a segunda categoría do campionato de fútbol de Francia e celébrase tódolos anos do mesmo xeito desde 1933 (agás o período entre 1939 e 1945, debido á segunda guerra mundial). Ata 2002 era coñecida como Division 2.
Historia O campionato de fútbol foi creado en Francia no ano 1894. A imitación do campionato inglés, que creou a súa segunda división en 1892, Francia decide, en 1896, dar marcha ao novo campionato de fútbol. Desde 1933, os equipos que nela quixesen participar, terían que adquirir o status de equipos profesionais, algo que non variaría ata 1970, cando os equipos afeccionados puideron volver xogar nesta división. En 1992, de novo foi vetada a participación aos equipos non profesionais, os cales seguen sen poder xogar nesta división. Durante todo ese tempo, a Ligue 2 denominouse D2, nome que cambiou polo actual no ano 2002.
Sistema de competición Na Ligue 2 compiten 20 equipos por tempada, normalmente entre agosto e maio, onde cada equipo xoga dúas veces con tódolos contrarios, un encontro no seu estadio e outro no do seu opoñento, facendo un total de 38 xornadas. A derrota supón non sumar puntos, fronte aos 3 que se suman por vitoria e 1 por empate. Ao final de cada tempada, os tres primeiros clasificados ascenden á Ligue 1. Pola contra, os tres últimos clasificados descenden ao Championnat National.
Os clubs da Ligue 2 participan na Copa da Liga de Francia, cos clubs da Ligue 1 e os do Championnat National con status profesional.
Equipos 2019/20 Equipo Cidade Estadio CapacidadeAjaccioAjaccioStade François Coty10.446AuxerreAuxerreStade de l'Abbé-Deschamps21.379CaenCaenStade Michel d'Ornano21.215ChamblyChamblyStade Pierre Brisson10.178ChâteaurouxChâteaurouxStade Gaston Petit17.173Clermont FootClermont-FerrandStade Gabriel Montpied11.980GrenobleGrenobleStade des Alpes20.068GuingampGuingampStade de Roudourou18.378Le HavreLe HavreStade Océane25.178Le MansLe MansMMArena25.064LensLensStade Bollaert-Delelis37.705LorientLorientStade du Moustoir18.890NancyTomblaineStade Marcel Picot20.087NiortNiortStade René Gaillard10.886OrléansOrléansStade de la Source7.000Paris FCParísStade Charléty20.000RodezRodezStade Paul-Lignon5.955SochauxMontbéliardStade Auguste Bonal20.005TroyesTroyesStade de l'Aube21.684ValenciennesValenciennesStade du Hainaut25.172
Palmarés Tempada Campión Subcampión 1933–34Dous grupos 1934–35 Metz Valenciennes 1935–36 Rouen RC Roubaix 1936–37 Lens Valenciennes 1937–38 Le Havre Saint-Etienne 1938–39 Red Star Paris Stade Rennes 1939–1945Segunda guerra mundial 1946–47 Sochaux Ales 1947–48 Nice Colmar 1948–49 Lens Bordeaux 1949–50 Nimes Le Havre 1950–51 Lyon Metz 1951–52 Stade Francais Paris Montpellier 1952–53 Toulouse Monaco 1953–54 Lyon Troyes 1954–55 Sedan-Torcy Red Star Paris 1955–56 Rennes Angers 1956–57 Ales Beziers 1957–58 Nancy Rennes 1958–59 Le Havre Stade Francais Paris 1959–60 Grenoble Nancy 1960–61 Montpellier Metz 1961–62 Grenoble Valenciennes 1962–63 Saint-Etienne Nantes 1963–64 Lille Sochaux 1964–65 Nice Red Star Paris 1965–66 Stade Reims Marseille 1966–67 AC Ajaccio Metz 1967–68 Bastia Nimes 1968–69 Angers Angouleme 1969–70 Nice Nancy 1970–1993Dous grupos 1993–94 Nice Rennes 1994–95 Marseille Guingamp 1995–96 Caen Marseille 1996–97 Chateauroux Toulouse 1997–98 Nancy Lorient 1998–99 Saint-Etienne Sedan 1999–00 Lille Guingamp 2000–01 Sochaux Lorient 2001–02 AC Ajaccio Strasbourg 2002–03 Toulouse Le Mans 2003–04 Saint-Etienne Caen 2004–05 Nancy Le Mans 2005–06 Valenciennes Sedan 2006–07 Metz Caen 2007–08 Le Havre Nantes 2008–09 RC Lens Montpellier HSC 2009–10 Caen Brest 2010–11 Évian Ajaccio 2011–12 Bastia Stade Reims 2012–13 Mónaco Guingamp 2013–14 Metz Lens 2014–15 Troyes Gazélec Ajaccio 2015–16 Nancy Dijon 2016–17 Alsace|Strasbourg Amiens 2017–18 Reims Nîmes 2018–19 Metz Brest
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Liga de Fútbol Francesa
Categoría:Ligue 2