Andén Número 3 é unha curtametraxe realizada polo equipo de cineclub do IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña coa colaboración do obradoiro de cinema barcelonés A Bao A Qu e o CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) no ano 2011

Argumento Julia é unha rapaza duns 17 anos que por causas descoñecidas ten que marchar da súa cidade de residencia, provocando o enfado do seu mozo Carlos. A historia cóntanos a reacción de ambos personaxes ante a desafortunada nova.

Repartimento Sabela Rodríguez - Julia Mateo Fernández - Carlos Adela Otero - Nai Adrián Ballesteros - Rapaz da estación

Equipo Técnico Adrián Ballesteros Marta Barandela Mateo Fernández Laura García Pep Garrido Antón Pérez Sabela Rey Sabela Rodríguez

Exteriores Estación de RENFE da Coruña Parque escultórico da Torre de Hércules Praia das Lapas

Véxase tamén Ligazóns externas Película en Vimeo

Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes de 2011