A Universidade Abat Oliba CEU (en catalán e oficialmente: Universitat Abat Oliba CEU) é unha universidade privada fundada no ano 2003 e situada en Barcelona, Cataluña (España). A súa denominación rende homenaxe á memoria do Abade Oliba.
É unha das 3 universidades españolas pertencentes á Fundación Universitaria San Pablo CEU, unha institución fundada en 1933 pola Asociación Católica de Propagandistas, organismo creado á súa vez en 1908 polo Pai xesuíta Ángel Ayala.
Historia A Universitat Abat Oliba CEU ten a súa orixe no Centro Universitario Abat Oliba CEU, que creou a Fundación San Pablo-CEU no ano 1973 mediante un convenio de adscrición e colaboración coa Universidade de Barcelona. Iniciou as clases na súa primeira sede da Avenida Pearson de Barcelona o ano 1974 e, desde entón formou a máis de 8.500 licenciados universitarios.
En 1993 trasládase ao Campus de Bellesguard, e como Centro Docente de Ensino Superior Abat Oliba CEU, xa imparte a totalidade das licenciaturas en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, así como o primeiro ciclo da licenciatura en Economía.
Dez anos despois, a nova Universitat Abat Oliba CEU é recoñecida pola Lei 20/2003, do 4 de xullo, do Parlamento de Cataluña, creando dous centros en Barcelona: a Facultade de Ciencias Sociais e a Escola Politécnica de Enxeñería.
Titulacións de Grao Ciencias da Comunicación Xornalismo (50% en inglés) Xornalismo (50% en inglés) + Ciencias Políticas Publicidade e Relacións Públicas Xornalismo + Relacións Públicas Ciencias Económicas e Empresariais Mercadotecnia e Dirección Comercial Dirección de empresas Dirección de empresas + Dereito Economía e Xestión Dereito e Ciencias Políticas Dereito Dereito + Dirección de empresas Dereito + Ciencias Políticas Dereito + Criminoloxía e Seguridade Ciencias Políticas Criminoloxía e Seguridade Humanidades e Ciencias da Educación Educación Primaria Educación Infantil Educación Infantil + Educación Primaria Psicoloxía Psicoloxía
Titulacións de Posgrao Masters Universitarios Títulos propios Doutoramentos Cursos de Especialización
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da UAO
Abat Oliba CEU Abat Oliba CEU Categoría:Organizacións católicas de España Categoría:Universidades privadas de España