Terrel Harris, nado o 10 de agosto de 1987 en Dallas, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2009, Harris xogou na NBA Development League, nos Maine Red Claws e nos Rio Grande Valley Vipers, e na Basketball Bundesliga alemá.

Comezou a tempada 2011-12 cos Rio Grande Valley Vipers da D-League, foi invitado aos adestramentos dos Miami Heat o 12 de decembro de 2011. O 24 de decembro de 2011, anunciouse oficialmente que Harris formaría parte do equipo dos Heat.

O 4 de xullo de 2012, os Heat fixeron a Harris axente libre non restrinxido. Asinou de novo polos Heat o 11 de setembro de 2012.Heat re-sign Harris Foi cortado polos Heat o 5 de xaneiro de 2013.HEAT Waive Terrel Harris Tras ser cortado, asinou cos Rio Grande Valley Vipers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Dallas, Texas