Santa Mariña de Augas Santas é un lugar da parroquia de Augas Santas no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 67 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 33 eran homes e 34 mulleres.

Patrimonio histórico-artístico Segundo a tradición aquí foi decapitada no ano 139 a mártir cristiá Mariña de Augas Santas. No mesmo lugar onde foi decapitada erixiuse a igrexa parroquial baixo a súa advocación. A igrexa actual, construción románica de finais do século XII, posúe tres naves sen cruceiro, con falso triforio no interior, rosetóns na fachada e nas tres ábsidas. É unha ampliación sobre unha máis antiga que se fixo ó descubrírense os restos da santa durante o reinado de Afonso II. O mausoleo da santa sitúase sobre o que se considerou o seu sepulcro. Ten unha lauda lisa sobre a terra, orixinaria do século XVIII. As imaxes son de Santa Mariña no centro e ao seu carón Santa Marta e Santa Eulalia. Cabo da igrexa está o pazo de verán do bispo de Ourense.

Lugares e parroquias Lugares de Augas Santas

Parroquias de Allariz

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Allariz Bibliografía Fariña Busto, F. 2002. Santa Mariña de Augas Santas. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).

Ligazóns externas Grandes lugares, Capítulo 7 29/2/2012, TVG.

Categoría:Lugares de Allariz