miniatura|Edificio do Reitorado. A Universidade Rovira i Virgili (en catalán e oficialmente: Universitat Rovira i Virgili), coñecida co acrónimo URV, é unha institución pública de ensino superior de Cataluña con centros en Tarragona, Reus, Vila-seca, Tortosa e El Vendrell, que ten como obxectivos prioritarios a docencia e a investigación.
Foi recoñecida como Campus de Excelencia Internacional Cataluña Sur (CEICS) polo Ministerio de Educación. Isto supón a consolidación da agregación estratéxica das diversas entidades e estruturas de docencia, investigación, transferencia de coñecemento e o sector produtivo do sur de Cataluña co obxectivo de converterse nun referente internacional nos ámbitos da Química e a Enerxía, a Nutrición e a Saúde, o Turismo, a Enoloxía, así como o Patrimonio e a Cultura.
Campus e centros A Universidade Rovira i Virgili ten seis campus que aloxan as sete facultades, as tres escolas técnicas superiores e as dúas escolas universitarias, máis unha sede no Baix Penedès. Campus Cataluña: no centro da cidade de Tarragona. Facultade de Letras Facultade de Ciencias Xurídicas Escola Universitaria de Enfermería Campus Sescelades: no norte da cidade de Tarragona. Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía Facultade de Química Facultade de Enoloxía Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) Escola Técnica Superior de Enxeñería Química (ETSEQ) Campus Vapor Nou: no centro da cidade de Reus. Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde Campus Bellisens: no leste da cidade de Reus. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Escola Técnica Superior de Arquitectura de Reus (ETSAR) prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutoramentos e masters de posgrao. Creouse en 1991 e é a única escola de arquitectura da provincia de Tarragona. O centro está situado no Campus Bellisens de Reus. Campus Vila-seca: en Vila-seca. Escola Universitaria de Turismo e Lecer - Vila-seca Campus Terres de l'Ebre: en Tortosa. Impártense estudos de Grao de Enfermería, de Administración e Dirección de Empresas, de Educación Infantil e de Educación Primaria. Sede do Baix Penedès: en El Vendrell. Impártense estudos de Grao de Enfermería e de Educación Infantil.
Centros adscritos Centro de Estudos Superiores de Aviación (CESDA) - Reus Escola Universitaria da Saúde e o Deporte (EUSES) - Tortosa
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Universidade Rovira i Virgili
Rovira i Virgili Categoría:Tarragona Categoría:Reus