SAMPEX (acrónimo de Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer), tamén coñecido como Explorer 68, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 3 de xullo de 1992 mediante un foguete Scout G1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de SAMPEX foi obter datos e realizar medicións de raios cósmicos anómalos, das emisións de partículas do Sol e dos electróns relativistas atrapados na magnetosfera.

O satélite estabilízase nos tres eixos, co eixo de elevación apuntando ó Sol. Os paneis solares proporcionaban unha potencia de 16,7 vatios e o sistema de telemetría emitía en banda S a unha velocidade de ata 1,5 Mbps. Os instrumentos científicos apuntaban cara ao cénit local para poder observar optimamente o fluxo de raios cósmicos.

Instrumentos SAMPEX levaba catro instrumentos a bordo:

HILT (Heavy Ion Large Area Proportional Counter Telescope) LEICA (Low Energy Ion Composition Analyzer) MAST (Mass Spectrometer Telescope) PET (Proton/Electron Telescope)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de SAMPEX SAMPEC Data Center

Notas

Categoría:Programa Explorer