Jared Anthony Dudley, nado o 10 de xullo de 1985 en San Diego (California) é un ex xogador de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva Profesional O 28 de xuño de 2007, foi elixido no Draft da NBA de 2007 polos Charlotte Bobcats. Dudley entrou pronto na rotación dos Bobcats, e xogou o seu primeiro partido coma titular o 24 de novembro de 2007 contra os Boston Celtics, anotando 11 puntos e capturando 9 rebotes. Rematou a tempada 2007-08 con 5.8 puntos por partido.

Dudley xogou 20 partidos cos Bobcats antes de ser traspasado aos Phoenix Suns. Neses 20 partidos, acadou 5.4 puntos por encontro. Foi traspasado xunto a Jason Richardson, a cambio de Raja Bell, Boris Diaw e Sean Singletary. Nesa tempada xogou en 48 partidos para os Suns, nos cales fixo 5.5 puntos, 3.0 rebotes e 0.8 asistencias por partido. Na tempada 2009-10 tivo un papel importante nos playoffs, xa que xogou nos 16 partidos que xogou Phoenix na postempada, cunha porcentaxe de triplas do 42'4%. Porén, os Suns perderon nas finais da Conferencia Oeste contra os Los Angeles Lakers por 4-2.

A tempada 2010-11 foi a mellor a nivel persoal, xa que rematou con 10.6 puntos por partido, e xogou en todos os 82 partidos da tempada regular.

O 26 de agosto de 2014, Dudley foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2017, a cambio de Carlos Delfino, Miroslav Raduljica e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.Bucks Acquire Jared Dudley and First Round Pick From Clippers

Estatísticas Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2007-08 Charlotte 73 19.0 .468 .220 .737 3.9 1.1 0.8 0.1 5.8 2008-09 Charlotte 20 21.4 .469 .375 .625 3.0 1.0 0.9 0.1 5.4 2008-09 Phoenix 48 15.2 .481 .394 .691 3.0 0.8 0.8 0.1 5.5 2009-10 Phoenix 82 24.3 .459 .458 .754 3.4 1.4 1.0 0.2 8.2 2010-11 Phoenix 82 26.1 .477 .415 .743 3.9 1.3 1.1 0.2 10.6 2011-12 Phoenix 65 31.1 .485 .383 .726 4.6 1.7 0.8 0.3 12.7 2012-13 Phoenix 79 27.5 .468 .391 .796 3.1 2.6 0.9 0.1 10.9 2013-14 LA Clippers 74 23.4 .438 .360 .655 2.2 1.4 0.6 0.1 6.9 Total 523 24.1 .469 .397 .737 3.4 1.5 0.9 0.2 8.7

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Adestradores asistentes dos Dallas Mavericks