miniatura|300px|Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
O Parador de Santo Estevo é un Parador xestionado pola rede estatal de Paradores, que ocupa un antigo mosteiro beneditino en Nogueira de Ramuín, Ourense, na Ribeira Sacra.
O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de tres claustros, é, xunto cos de Celanova e Oseira, un dos cenobios máis importantes de Ourense e até de Galicia.
Edificado nunha terra de eremitas, a Ribeira Sacra a súa orixe remóntase ao século VI e está relacionado con Martiño de Dumio, o "Apóstolo dos suevos".Santo Estevo de Ribas de Sil Consultada o 5/2/2012.
Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1923.
Historia
miniatura|250px|Claustro vello do Mosteiro.
O ano 921 o rei Ordoño II cédeo ao abade Franquila, que o restaura e inicia unha etapa de esplendor. A fama de observancia relixiosa de Santo Estevo traspasou fronteiras e chegou a ser tan grande que nove bispos santos, que tiveron que abandonar as súas sedes a causa da invasión musulmá, elixírono para retirarse nel durante os séculos X e XI. Este feito fixo do mosteiro lugar de peregrinación, ao que acudían os fieis en busca dun milagre, que pedían aos bispos santos alí xacentes, ante o cofre de prata que contiña os seus aneis. Na súa honra construíuse no século XIII o Claustro dos Bispos, o máis antigo do cenobio.
No século XVI iníciase un proceso de transformación que culmina coa construción dos dous claustros renacentistas. O mosteiro pasa a ter un Colexio de Artes no que, até o século XIX, se formaron moitos monxes, entre eles o padre Feixoo.
A desamortización de Mendizábal, en 1835, supuxo o fin da vida monacal de Santo Estevo e acabou co seu esplendor. O mosteiro pasou a mans do Estado un ano despois.
En 1988, a iniciativa de Aurelio Miras Portugal, e de acordo co bispo de Ourense monseñor Carlos Osoro, acometeuse pola Xunta de Galicia a súa rehabilitación integral para uso hostaleiro, con proxecto do arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte. En 2004, mediante un convenio, o Estado Español instala nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra.Parador. Museo. Santo Estevo de Ribas de Sil Consultada o 5/2/2012.
Coa inauguración do Parador de Santo Estevo comezou a posta en marcha do conxunto dos Paradores museo que xestiona a empresa Paradores Nacionais de Turismo, e que foi seguida polo Parador de Santiago e, despois, polos de Granada, Oropesa (Toledo), Cardona (Barcelona), Úbeda (Xaén) e León, até o momento actual.Parador. Museo Consultada o 5/2/2012.
Informacións do Parador Servizos xerais Aire acondicionado Bar Calefacción Cambio de moeda Garaxe Restaurante Salóns de conferencias e reunións Nota: Non se admiten animais
Cuartos Caixa forte Cuartos con salón: 1 Cuartos duplos con dúas camas : 50 Cuartos duplos con cama de matrimonio: 25 Cuartos individuais: 1 Minibar Teléfono Televisión Prazas totais: 153
Lecer e relax Spa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil Paradores Museo
Ligazóns externas Sitio do Parador de Santo Estevo Consultada o 5/2/2012.
Categoría:Nogueira de Ramuín Categoría:Paradores